Finalizadas en Cabanas obras de conexión da rede de alcantarillado

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate da primeira fase das obras da conexión da rede de alcantarillado dende a área recreativa da Veiga ata Batán.

Na actuación se amplía este servizo básico, evitando que as vivendas deste núcleo continúen vertendo ós ríos colindantes e logrando erradicar os tradicionais pozos negros. Unha intervención orzamentada en máis de 73.000 euros e financiada con cargo ó Plan de Acción Social da Deputación provincial da Coruña.

O núcleo de Batán conta cunha rede alcantarillado que parte de Batán de Abaixo e discurre paralelo ó río e, con esta intervención, dáse solución ás vivendas que se atopan illadas deste servizo. Para iso, procedeuse á construción dun colector de gravidade co que canalizar as augas fecais ata conectar coa rede de saneamento, evitando así ós verquidos de residuais non tratados ó medio natural.

Tralas obras procedeuse á reposición do pavimento da calzada afectada mediante un tratamento con regos asfálticos, así como a reposición dos pasos salvacunetas de acceso a varias vivendas.

Lea también

Investigado a un vecino de As Pontes como presunto autor de un delito de incendio forestal en agosto de 2025

La Patrulla del Servicio de Protección de la Naturaleza (SEPRONA) de la Guardia Civil de …