O Concello de Narón reuniuse coa nova directiva da AVV Ceibe de San Xiao

reunion-alcalde-naron-18-11

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado pola primeira tenente de alcalde da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García, recibiu hoxe no seu despacho á nova directiva da AVV Ceibe de San Xiao. María Luisa Filgueiras é a nova presidenta da citada entidade veciñal, cuxa vicepresidencia ostenta Luis Doce e con Santiago Hermida como secretario, Evaristo Hermida como tesoureiro e Carmen Bellas e Reme Casas entre as vogais.

Os integrantes da asociación conversaron animadamente cos representantes do goberno local sobre diferentes asuntos relacionados coa parroquia de San Xiao. Pola súa parte, o alcalde e as concelleiras naronesas felicitaron á nova directiva e animárona a continuar traballando na parroquia como o viñeron facendo ata o de agora os seus veciños, obxectivo este para o que ofreceron toda a posible colaboración a prestar desde o Concello de Narón.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …

Un comentario

  1. Y con los vecinos de Xuvia? Con esos no se reúne? No son acaso ciudadanos naroneses? O es porque no son tan dóciles?