Resposta do edil de Medio Ambiente ao PP sobre a existencia de roedores no Parque Fluvial

naron-fluvialO concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Octavio Dopico, recordou este mércores ao portavoz municipal do PP na cidade que o goberno local xa explicou os motivos da existencia de roedores no Parque Fluvial do Río Freixeiro. O edil incidiu en que non será ata a entrada en funcionamento das infraestruturas do saneamento que executa Acuaes no municipio cando se poida rematar definitivamente con esta problemática, da que é coñecedora o goberno local.

Así mesmo, animou ao PP naronés a visitar a zona para poder comprobar e valorar o feito de que xa se comecen a ver polo tramo de río que discorre polo citado parque algúns patos coas súas crías, (tal e como se amosa na fotografía adxunta, tomada esta mesma mañá). «Convidamos aos populares a gozar e difundir tamén nos medios este tipo de imaxes que constatan que afortunadamente a situación da zona está mellorando pouco a pouco, grazas ás intervencións alí proxectadas», apuntou.

 «Somos conscientes da necesidade de rematar coa problemática dos roedores e xa explicamos tamén aos edís populares que se tomaron algunhas medidas ao respecto desde o Concello, con vallados e colocando e indicando a existencia de cebos», indicou. O edil de Medio Ambiente apuntou ademais que «habitualmente remítense informes á empresa que se encarga deste tipo de situacións, para así traballar na procura de solucións a este tipo de problemáticas», subliñou.

Por último, o Dopico instou aos populares naroneses a presentar as queixas que consideren oportunas, sobre este ou calquera outro asunto relacionado co municipio, formalmente a través dos medios habilitados para tal fin no Concello, «facendo constar cando e donde se localiza calquera posible incidencia e colaborando así co goberno local na detección de posibles incidencias e, ao tempo, axilizando na medida do posible as solucións ás mesmas dun modo práctico e pensando e priorizando en todo momento o benestar dos veciños e das veciñas de Narón».

Lea también

O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa celebran Os Maios

A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e Maribel Mouriz, …

5 comentarios

  1. En resumen: Según el Sr. Concejal, las ratas campan a sus anchas porque el río baja sucio; pero baja tan limpio, que hasta los patos surcan sus aguas. Entonces, ¿está sucio o está limpio, Sr. Concejal? Sólo le diré una cosa: llevo 20 años viviendo en Freixeiro y SIEMPRE ha habido patos en ese río, por sucio bajase, Sr. Concejal. Deje de tomarnos el pelo.

    • Un vecino de Freixeiro

      Tengo 33 años y nací en Freixeiro. Incluso recuerdo cuando aún había truchas en el río en la zona de Amenadás pero hacía muchos años que no había patos y solo volvieron hace tres o cuatro acuando se canalizó el río hasta el Cadaval así que el que dice que siempre hubo patos o no los conoce o hablé de mala fe.

      • ¿Mala fe? Tus palabras: «no había patos y solo volvieron hace tres o cuatro cuando se canalizó el río hasta el Cadaval». El río ESTÁ SIN CANALIZAR aún a día de hoy. Los colectores se estuvieron colocando entre el año pasado y éste. Y están sin entrar todavía en funcionamiento. El río sigue bajando igual de sucio que hace 15 años. Y normalmente, apesta bastante en todo el parque. De momento, la única realidad es que se lleva gastado por lo menos 1 millón de euros en un parque alrededor de un río contaminado.

        • Y que realmente no es el concello quien hace la obra, la están haciendo desde la Xunta y el Estado.

  2. La verdad suena a broma. Qué tienen que ver los patos? Cómo hay patos ya significa que nos tenemos que aguantar con las ratas? Pues la verdad, no me vale. Patos los hubo siempre en ese río.