O Concello de Cabanas acondiciona o vial da Naveira cun investimento de 40.000 euros

O Concello de Cabanas anunciou esta mañá o remate das obras de pavimentación do vial da Naveira, na parroquia de Laraxe. Unha das vías de maior circulación do municipio, xa que parte da marxe dereita da estrada nacional 651 en dirección Ferrol. Preto de medio quilómetro de estrada cun pavimento que, ata o dagora, atopábase moi deteriorado polo paso do tempo e o tráfico que soporta.

A intervención municipal pretendía mellorar o estado do firme e, por tanto, a seguridade vial. Para iso, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, destináronse 38.600 euros, a financiar con cargo ó Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación provincial.

A actuación contemplou a limpeza de cunetas en ambas marxes, rebacheo e máis pavimentación do vial, así como sinalización tanto horizontal como vertical.

Lea también

“IV Jornadas micológicas de Neda”

La Asociación micolóxica Viriato organiza la próxima semana, con la colaboración del Ayuntamiento, las “IV …