O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres un Festival Solidario

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres 4 un Festival Solidario organizado polo Concello en colaboración co Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón. A edil de Acción Social, Catalina García; o presidente da citada asociación, José Manuel González, e o cantautor Marcos Mella presentaron esta mañá o evento, cuxa recadación se destinará ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O prezo das entradas para poder asistir é de cinco euros por persoa e xa están á venta na taquilla do Pazo da Cultura. Así mesmo, habilitouse unha Fila 0 para as persoas que non poidan acudir, que terán a oportunidade de ingresar os seus donativos na conta: ES95-0238- 8158- 060600070448. O Festival Solidario dará comezo ás 20 horas.

Os cantantes Rocío Varela, Marcos Mella, Hilda Rock, Dani Ríos e Andrés Rodríguez comparten protagonismo no cartel deste evento xunto co Mago Deimi, a monologuista naronesa Eva Castro e a Escola de Baile Jesús Quiroga. A presentadora do acto será Isabel Acedo e os menores terán a oportunidade de fotografiarse con Bob Esponja, tamén presente.

A concelleira de Acción Social destacou a cantidade e calidade das actuacións que se sucederán no Pazo este venres, a cuxos protagonistas agradeceu a súa colaboración de xeito desinteresado. García animou aos naroneses e á cidadanía en xeral a «acudir a este festival para encher o Pazo da Cultura de Narón de solidaridade». A edil avanzou ademais que no transcurso do acto se levará a cabo o nomeamento do Colaborador do ano do Centro de Recursos Solidarios de Narón, cuxo nome non se desvelará con anterioridade, como é habitual.

 

«Narón por todas as ocasións anteriores e polos eventos que organizamos co Centro de Recursos Solidarios podemos dicir que é un concello moi solidario», valorou García. A edil naronesa recordou que o Concello organiza un desfile solidario para a recollida de alimentos e roupa no primeiro semestre de ano e no segundo este festival, cunha entrada solidaria, destinada tamén aos usuarios destas instalacións, nas que se atenden actualmente a preto de 900 familias de Narón e comarca. Do total destes usuarios, tal e como indicou José Manuel González, 114 son menores de 0 a 5 anos.

As instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón, localizadas na avenida Gonzalo Navarro do polígono industrial de Río do Pozo, parcela 23, permanecen abertas os luns, martes, xoves e venres de 9:30 a 13 horas e os mércores de 16:30 a 20 horas.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …

Un comentario

  1. Recordar que en ese Centro de Recursos Solidarios está integrada la Plataforma PAH dirigida por Ada Colau, por si alguien se lo quiere pensar antes de soltar su dinero para entidades afines a Podemos y al independentismo catalán.