Blanco informou sobre o proxecto de acondicionamento da praza do colexio de Xuvia

Fot. JJ Pita
Fot. El Boletín desde Narón

O alcalde do Concello de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, mantiveron esta mañá unha reunión na casa consistorial con representantes da Asociación de Veciños Altea, de Xuvia, para explicar novamente en qué consistirán os traballos correspondentes ao proxecto de Acondicionamento da Praza do colexio de Xuvia.

No transcurso da xuntanza Blanco incidiu en que «non se realizará ningunha actuación do citado proxecto ata que se reciba o correspondente informe de Patrimonio», recalcando aos representantes veciñais que «será precisamente o departamento autonómico de Patrimonio, en primeiro lugar, e o de Contratación, en segundo, os que determinen os prazos de execución dos traballos previstos na zona».

Así mesmo, o alcalde naronés recalcou aos integrantes da directiva da asociación de veciños Altea que durante o período de execución das obras, e mentras non se remate a actuación, poderase aparcar na zona de vivendas. Blanco incidiu ademais en que a finalización da intervención prevista culminará coa habilitación dun aparcadoiro disuasorio.

O rexedor e o concelleiro de Obras entregaron tamén hoxe un plano aos integrantes da AVV no que se poden ver as actuacións contempladas na praza do colexio de Xuvia, correspondentes á ampliación da citada praza e á humanización da zona. «O investimento previsto para este proxecto, uns 90.000 euros, aprobouse nun pleno extraordinario celebrado a mediados do pasado mes de decembro e contou cos votos favorables de vinte dos vinte e un concelleiros da corporación local (todos excepto o edil de ENE). A obra executarase con cargo ao Plan de Acción Social 2015 (PAS) da Deputación da Coruña», explicou o rexedor naronés.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

2 comentarios

  1. El alcalde llega tarde en las explicaciones y ya lo tenemos muy claro. El proyecto lo decide él, los grupos políticos lo que votan es la tramitación del proyecto ante la Diputación, que es quien pone los fondos. El alcalde y solo el alcalde, es la persona facultada para elegir el proyecto. Ahora que no intente darle la vuelta.

  2. Informar a la asociación de vecinos no significa informar a los vecinos. ¿O alguien se cree que Altea representa a Xuvia?