En Narón apélase á concienciación cidadá para colaborar cos servizos de limpeza

Solar lateral DIA, un auténtico niño de ratas-Fot. AVV Piñeiros
Solar lateral DIA, un auténtico niño de ratas-Fot. AVV Piñeiros

O edil de Servizos  de Narón, Ibán Santalla, saíu ao paso das críticas verquidas nos últimos días respecto ao estado que presentan algúns espazos públicos da localidade.

Sobre as queixas trasladadas desde a Asociación de Veciños de Piñeiros pola situación dalgunhas parcelas o concelleiro naronés aclarou que a falla de limpeza nunha localizada en concreto nas inmediacións do supermercado Día, á que se alude desde a AVV, é unha das tarefas sobre as que leva tempo traballando o goberno local, que abriu no seu día un expediente polo mal estado de conservación no que se atopa -que foi remitido aos seus propietarios- e que actualmente segue o seu curso, non podendo actuar directamente desde o Concello ao tratarse dunha propiedade privada.

Nesa mesma parroquia a entidade veciñal denunciou o estado do parque biosaudable

No parque biosaudabel de Piñeiros- A.VV
No parque biosaudabel de Piñeiros- A.VV

localizado xunto á igrexa parroquial. Sobre esta última problemática o edil de Servizos explicou que se reparará en canto se adxudique o contrato do servizo de mantemento, actualmente en proceso de licitación. «Desde Servizos estamos día a día pendientes do estado de conservación dos parques e prazas públicas do noso municipio, para tratar de actuar ante calquera posible incidencia no menor tempo posible», recalcou. Tamén o alcalde, José Manuel Blanco, se pronunciou respecto do asunto, desmentindo o feito de que se teña solicitado este ano desde a AVV de Piñeiros, nin por Rexistro nin por teléfono, algunha reunión en Alcaldía para abordar este tipo de asuntos.

En relación co parque do Ponto, localizado entre dous edificios e ao que tamén se aludiu desde a oposición, o concelleiro explicou que cada ano coa chegada das choivas, ao estar ubicado nunha zona sombría, hai un área que presenta algúns deterioros e asegurou que se continuarán realizando periódicamente as pertinentes tarefas de limpeza.

En canto ás críticas formuladas desde o PP sobre o estado no que se atopa a praza da Gándara, Santalla indicou que «este mesmo luns nada máis ter coñecemento da queixa transmitida polos populares na Comisión puxémonos en contacto coa empresa de limpeza, Urbaser, que se desprazou ata a praza e comprobou o estado da fonte, na que había uns papeis que se retiraron». O concelleiro explicou que «un barrendeiro da empresa retira cada día, de luns a sábado, papeis e outros restos desa fonte». Tamén aclarou o edil de Servizos, en relación á limpeza desta instalación, que «dous días á semana unha brigada quita as follas que caen na fonte e unha vez ao mes vacíase para renovar a auga por completo».

Santalla apelou unha vez máis a «concienciación cidadá» para poder ter unha cidade nunhas condicións óptimas de limpeza. «Da praza da Gándara teñen retirado ata sillas os servizos de limpeza e da ubicada na de Xuvia botellas de cristal», denunciou. O edil subliñou que «o Concello debe poñer todos os medios ao seu alcance para ter os espazos públicos o máis limpos e nas mellores condicións posibles, pero é imprescindible a colaboración cidadá porque no caso de que a xente non se conciencie e deixe de practicar determinadas conductas esas zonas poden estar sucias ao pouco tempo de limpalas».

 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

6 comentarios

  1. O sea, que no limpian y aún encima nos llaman guarros a los vecinos. Bien, bien.

  2. Claro que es importante la colaboración ciudadana. De hecho, si limpiasemos nosotros no haría falta un contrato con una empresa de limpieza y ahorraríamos mucho dinero. Asi que ya sabeis todos, bajar la escoba y el polvero y limpiar!

  3. Que cerdos somos los vecinos! Si hasta vamos dejando óxido por ahí…

  4. Qué mal lleva las críticas este gobierno local! Están muy acostumbrados a una ciudadanía y a una ¿oposición? (BNG, PSOE) totalmente sumisos. Y claro, a la primera, saltan con toda la artillería… hasta el alcalde interviene para hablar de una fuente. Eso es que se ponen nerviosos. Sólo una aclaración: mis padres viven en la Pza. de La Gándara, y desde hace 10 años que está ahí la fuente, siempre está llena de porquería y durante más de 5 años, ni agua echó. Por no hablar del estado de parte de las baldosas de la plaza, rebajes de acera mal hechos, problemas de accesibilidad y la mitad de las farolas apagadas todas las noches. Que tome nota de ello también el PP y lo denuncie. Ánimo!»

  5. ¿Pero cuántas veces vemos como alguien que va delante de nosotros en el coche, saca la mano por la ventanilla y tira algo al suelo; o simplemente mientras están aparcados vacían el cenicero del coche dejando decenas de colillas en las aceras; o no recogen la caca de sus perros; o dejan latas, plásticos papeles en cualquier sitio menos en las papeleras (sólo hay que pasarse un domingo por delante del aparcamiento del McDonald´s)? Nadie debería tener que recoger la mierda que los demás vamos dejando por ahí. No se trata de bajar la escoba y el polvero y hacer nosotros el trabajo, sólo de ser educados y tener un mínimo de civismo creo yo.

  6. Que malos estos vecinos, que se sientan en los bancos y se gastan. Tienen que bajar todos con un martillo y con clavos, que eso es el verdadero civismo.