Cabanas inicia as obras de pavimentación da rúa da Fonte

O Concello de Cabanas vén de iniciar as obras de pavimentación da rúa da Fonte, no entorno da casa consistorial. Uns traballos cos que, segundo o alcalde, Germán Castrillón, «se busca pór freo ó avanzado estado de deterioro no que se atopa o vial».

Deste xeito, a intervención conta cun orzamento de 46.239,59 euros e un prazo de execución estimado de 45 días. Foi esta unha das actuacións incluídas este ano no Plan de Obras e Servizos da Deputación.

Ó detalle, actuarase sobre un vial que se divide en tres tramos diferenciados polo ancho medio da calzada, que oscila entre os 7 e os 3 metros. En total, suman 119 metros de lonxitude, nos que os operarios están a levantar o firme para, posteriormente, proceder á pavimentación que, neste caso, se realizará con formigón.

Os traballos completaranse co pintado da vía e sinalización.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …