As viaxes a Ferrol do pai Martín Sarmiento

foro amigos ferrol-1O Foro de Amigos de Ferrol lembra as dúas visitas que a mediados do século XVIII fixo a Ferrol o freire ilustrado Martín Sarmiento, deixando unha interesante testemuña escrita das súas viaxes.

—-ooooOoooo—-

Entre os primeiros visitantes de Ferrol durante o século XVIII cumpre citar ao ilustrado Frei Martín Sarmiento, que fixo dúas viaxes a Galicia desde a súa residencia en Madrid os anos 1745 e 1754-1755 respectivamente.

Na primeira das viaxes chegou o 7 de Xullo ao mosteiro de San Martiño do Couto en Xuvia, onde se aloxou, procedente de Santiago de Compostela, despois de gañalo xubileu e de facer logo o Camiño Inglés en senso inverso cara a Ferrol, pasando pola Ponte Sigüeiro, Cabeza de Lobo, Hospital de Bruma, Betanzos, Ponte do Porco, Ponte do Eume e San Nicolás de Neda.

faf-9-1
O domingo 9 de Xullo saiú moi cedo de Xuvia para facer unha intensa e apertada visita a Ferrol e A Graña. Pasou por Santa Cecilia, San Juan de Filgueira e Santa Mariña do Vilar. Visitou logo A Cabana «Priorato de Bernardos y las casas de provisiones de boca para la Marina», o castelo de San Felipe «que no está acabado y tiene montadas 117 piezas», as baterías de San Cristóbal, Cariño, Canelas e Pieiro, os castelos de San Martín e La Palma, rematando en Mugardos «villa, ensenada y puerto».

Tras comer con Francisco Ribera, capelán de San Felipe, o Pai Martín Sarmiento visitou A Graña, onde «allí vió todo lo que hay que ver: astillero, arsenal y, sobre todo los tres navíos de línea y de flota, Castilla, San Ignacio y San Felipe». Pasou logo nunha dorna a Ferrol , onde fixo unha completa visita ao navío Glorioso, «el cual era todo de cedro, por haberse fabricado en la América».  Regresou por Recimil, Caranza, Domirón e A Faísca, chegando ao mosteiro de Xuvia, que tiña como Prior a frei Felipe Colmenero. O seguinte día 10 de Xullo continuou a súa viaxe por Galicia cara á Coruña.

faf-9-2
Na segunda das viaxes o Pai Martín Sarmiento fixo de novo noite no Priorato de San Martiño de Xuvia a onde chegou o 13 de Xuño. Logo de percorrer desde Narón, durante dúas xornadas, o Camiño de ida e volta a San Andrés de Teixido, o seguinte 16 de Xuño o freire ilustrado fixo o camiño a pé desde Xuvia cara a Ferrol, pasando por Lóngaras, A Gándara, Caranza, Esteiro e Recemil, aloxándose en Ferrol posiblemente no convento de San Francisco. Durante a súa estancia en Ferrol visitou os seus arredores, que vai describindo co seu telegráfico léxico: a ermida da Virxe de Chamorro («si de clamore?»), a ermida de Santa Comba («en una isleta, sobre el grande arenal de Cobas»), o Prioiro («subí a la garita del Facho»), o areal de Esmelle. («vin a camariña, planta que en el lugar llaman marmeá de area»), Doniños e a súa lagoa («dícese que aquí hubo una ciudad y se anegó»).

Nos días seguintes visitou as fortificacións defensivas da ría ferrolá: «castillo de San Phelipe, Castillos de la Palma y de San Martín, baterías de Cariño y Viñas, la Redonda con cuarteles, el Bispón o Almacén de Pólvoras». Despois de pasar polo «Priorato de Bernardos de Sobrado en San Antonio de la Cabana» , fai unha visita aos «magníficos almacenes de La Graña», onde pode ver «doce navíos, unos acabados y otros no».

O Pai Sarmiento regresa a Ferrol onde come un día con Intendente Antonio Perea e ao seguinte coa marquesa de San Sadurniño. Nestas xornadas percorre Esteiro: «a ensenada para maderas de Caranza», «el astillero con doce quillas, y entre ellas seis con navíos», «las quillas están en disposición de botar al mar por la popa, al contrario de los navíos de construcción española»; visita el Cuadro de Esteiro: «aquí la gran plaza, y las habitaciones del Intendente», y el cuartel de Dolores: «alli principiados unos quarteles para tropas de tierra».

Remata a súa visita en Ferrol percorrendo na Magdalena «dos paredones inmensos al mar», onde «ha de ir un grande canal o foso hasta el astillero y ha separar todas las obras de la nueva ciudad de Ferrol, que se hará cogiendo la ladera del norte», dando a entender deste xeito que xa se coñecía o novo proxecto da cidade de Ferrol. Xa de volta ao mosteiro de Xuvia, onde tiña o seu aloxamento, pasou por Recimil e Caranza.

faf-9-3

 

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …