Un total de catro centros escolares do municipio dispoñen desde hai uns días de aparcabicis. As concellerías de Servizos e Seguridade Cidadá e Transporte Público, dirixidas polos edís Ibán Santalla e Guillermo Sánchez Fojo, respectivamente, colaboraron nesta iniciativa co fin de promover o exercicio físico entre os menores que queiran acudir ás clases en bicicleta, entre outros colectivos. Na actualidade están instaladas as estructuras, con seis prazas cada unha, nos colexios Ponte de Xuvia, A Gándara, e Piñeiros, e nos vindeiros días farase o propio no de Virxe do Mar.
O equipo de Seguridade Vial do Concello colaborou no proxecto, ofrecendo aos centros escolares da localidade a posibilidade de dispoñer de aparcabicis nos seus recintos. Desde o Concello, tal e como apuntou o edil de Servizos, «instaláronse a totalidade dos solicitados desde os centros educativos, catro». A maiores, tal e como explicou Santalla, «habilitouse un máis na estrada de Castela, na zona de Xuvia, e está pendente a colocación doutro nun punto da localidade aínda por determinar».
«A creación de sinerxias e a colaboración entre as concellerías xoga un papel fundamental en iniciativas como esta», apuntou Sánchez Fojo, que destacou «a firme aposta do Concello de Narón pola implantación de zonas de carril bici e tamén por impulsar actividades encamiñadas a promover o uso deste medio de transporte entre a cidadanía». A campaña impulsada desde o goberno local e que agora chega aos colexios forma parte dun proxecto más amplo no que se aposta por compatibilizar o uso da bicicleta na cidade e a súa convivencia co tráfico de vehículos e o tránsito peonil. Aos seis aparcabicis contemplados neste último proxecto súmanse outros nove xa existentes na localidade e operativos desde hai varios anos en virtude a un proxecto en común co Concello de Ferrol e encamiñado na mesma liña.
O servizo compartido de bicicletas dos municipios de Narón e Ferrol, dirixido a persoas maiores de 14 anos, dispón dun total de nove puntos na localidade –e outros tantos na cidade naval- donde se poden recoller e entregar as bicis dispoñibles. As estruturas localízanse na rúa 25 de Xullo (nas inmediacións do Centro de saúde); na rúa Vilalba (na Praza da Gándara); na rúa Francisco Pizarro (xunto á pista polideportiva de Santa Icía); na estrada de Castela (á altura da rotonda de Freixeiro, ao carón da Oficina de Turismo, e outra xunto á gardería de Piñeiros); na avenida Cataluña (zona de Odeón); no paseo marítimo de Xuvia (próximo ao colexio Ponte de Xuvia); na estrada de Cedeira (xunto aos institutos) e no polígono de Río do Pozo (nas inmediacións das instalacións de Protección Civil).
«A normativa pola que se rixe o funcionamento deste servizo pode consultarse na web: www.ferrolenbici.es, donde tamén figura a ubicación de todos os puntos nos que están as bicis en ambos concellos e mesmo descargar os impresos para facer uso do servizo», recordou Santalla.
Grandísima prioridad, sin duda. La lista de espera para el Servicio de Ayuda en el Hogar, las personas que duermen en portales y los furados cada vez mayores en unas cuantas calles del municipio, son «migajas» nada más.
La chavalada hoy en día va al insti en moto para fardar y demás, los pingaos van en bici
Esas son las grandes noticias que general ayuntamiento de Narón… es más…. ¿Eso es todo lo que están haciendo? ¡¡Genial!! Simplemente genial.