O Concello de Narón e o IES Canido renovan o seu convenio de colaboración

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e Uxío Leira, en representación do IES Canido, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre a administración local e o citado instituto. A edil de Formación, Natalia Hermida, acudiu tamén á convocatoria, cuxo obxectivo é «manter o acordo existente en anos anteriores para que alumnado do IES Canido matriculado no módulo de Operacións básicas de restaurante e bar poida realizar parte da súa formación nas instalacións do Centro Municipal Irmás Froilaz, na Gándara», explicou.

O Concello aportará os medios materiais e auxiliares do Centro de Formación Municipal ao entender a necesidade de manter este acordo, debido ao impacto positivo que xenera no alumnado beneficiario do citado módulo formativo.

O convenio entrará en vigor o vindeiro mes de outubro e rematará en decembro deste ano. O alumnado utilizará as instalacións do Centro de Formación Irmás Froilaz de mércores a venres, en horario de mañá, ata completar un total de 210 horas de formación durante un período de 35 días.

Lea también

O pavillón do Val acolle o I Torneo de hockey patíns Cidade de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e a presidenta do club Hockey Narón, …