Jorquera reclamou no mitin do BNG na Gándara unha facenda pública propia

bng-naron-20-9O exportavoz do BNG no Parlamento Galego, Francisco Jorquera, reclamou na tarde deste martes na Gándara unha Facenda pública propia que lle permita á administración autonómica dispor da capacidade de recadar impostos para decidir logo en que sectores ou servizos investilos.

Jorquera, que botou man das balanzas fiscais para xustificar o posicionamento da organización nacionalista, lembrou que en Galiza se recadan anualmente máis de 12.000 millóns de euros, 3.300 millóns de euros máis ca o orzamento total da Xunta de Galiza. «Non é certa a imaxe de país subsidiado que queren dar de nós; é unha falacia», dixo, e apuntou ao modelo fiscal vasco que lle ten permitido a Euskadi estar entre as dez sociedades do mundo con maior benestar.

«Ese é o modelo que nós queremos para Galiza: termos capacidade para recadar os impostos e decidir en qué investilos», incidiu antes de explicar que hai 4.200 empresas galegas ou que operan no país que pagan o imposto de sociedades en Madrid. «Coa asunción dun sistema como o do concerto vasco ou navarro poderiamos desenvolver outro tipo de políticas, blindando e mellorando os servizos sociais e creando emprego», sinalou.

Jorquera, que pecha a lista do BNG pola provincia da Coruña, insistiu en que só con maior soberanía será posíbel mellorar a calidade de vida das galegas e dos galegos. «O marco actual non serve», dixo, «e por iso temos que mudalo, algo que só será posíbel se o BNG chega á Xunta».

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …

2 comentarios

  1. Jajaja… que el Bloque tenga que traer a un ‘ex’ para mitinear, es de guasa.

  2. ¿Por qué no la pidió cuando gobernaban en la Xunta?