Entrega de premios da «Ruta Gastronómica Horta de Narón»

naron-premios horta-27-7O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar; o xerente da cooperativa do Val, José Manuel Castro Leirachá, e o vicepresidente da AVV do Couto, Xosé Rivas, entregaron na mañá deste mércores no Concello seis dos vinte e cinco premios concedidos tralo remate da «Ruta Gastronómica Horta de Narón».

Na xornada deste mércores repartíronse catro vales de compra para canxear nos establecementos Mercaval, da cooperativa do Val, que recaeron en Valentina Martínez, o sorteado por un importe de 200 euros, e en Lola Vidal, Pili Gurpegui e Margarita Díaz, os tres de 100 euros cada un. Así mesmo, Tania Rivera e Gonzalo Fernández resultaron premiados cada un cunha fin de semana «enogastronómica» para dúas persoas, que se aloxarán nun hotel rural e visitarán unha bodega con quince referencias de Denominación de Orixe Ribeiro. O rexedor local e o edil de Promoción Económica felicitaron aos gañadores destes premios, valorando a súa participación na campaña e tamén a de todos os establecementos de hostalería da localidade que se sumaron á mesma, así como a colaboración da cooperativa do Val e da entidade veciñal do Couto.

O sorteo dos premios realizouse a pasada semana no Concello e no mesmo tamén se anunciou o nome das dezanove persoas galardoadas con outras tantas cestas con produtos da horta. Os gañadores poderán recollelas a partir deste venres, día 29, nos establecementos de hostalería nos que resultaron premiados, tal e como recordou o edil de Promoción Económica.

A «Ruta Gastronómica Horta de Narón» celebrou este ano a súa cuarta edición. Entre o 7 e o 10 e desde o 14 ata o 17 de xullo un total de dezanove locais de hostalería do municipio serviron entre a súa clientela pinchos –de balde- coas consumicións elaborados con Pemento do Couto e Tomate Negro, cultivados en Narón e comercializados a través da cooperativa do Val. A súa calidade promociónase a través desta e doutras iniciativas, impulsadas desde a Concellería de Promoción Económica de Narón, e neste caso, xunto coa cooperativa do Val, a AVV do Couto e a Denominación de Orixe Ribeiro.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …