O Concello de Narón acolleu o sorteo dos premios da «Ruta Gastronómica Horta»

O sorteo dos vinte e cinco premios incluídos na cuarta edición da Ruta Gastronómica Horta de Narón 2016 tivo lugar esta mañá no Concello de Narón, onde o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, valorou a elevada participación nesta convocatoria, na que colabora a Cooperativa do Val, e á que se adheriron dezanove establecementos de hostalería do municipio, que serviron coas consumicións tapas de balde elaboradas con Pementos do Couto e Tomate Negro, do 7 ao 10 e do 14 ao 17 de xullo. O edil apuntou que no total dos locais participantes se recolleron algo máis de cinco mil papeletas, entre as que hoxe se procedeu a sortear os diferentes premios.

En total entregaranse dezanove cestas con produtos da hora (unha por establecemento); un vale de 200 euros e tres de 100 para adquirir produtos nas tendas de Mercaval, e dúas fins de semana enogastronómicas para dúas persoas nun hotel rural con aloxamento, comida e visita a unha bodega con entrada a túnel de viños, con quince referencias da Denominación de Orixe Ribeiro.

Os premiados coas cestas de produtos da horta poderán recollelas nos establecementos nos que resultaron galardoados a partir do vindeiro venres, día 29 de xullo. Os gañadores por cada local foron:

  • Mesón Bugatti: Ludis Rubín
  • Tokiño: Hixinio Blanco
  • Romero I: Antonio Sousa
  • Romero II: María Antonia Martínez
  • Cervexería O Druída: Juan Seoane
  • Cervexería La Quinta: Marco Gil
  • Cervexería Australian: Isa Crespo
  • Cervexería New Orleáns: Andrés Rodríguez
  • Cervexería El Mercado: Sandra Piñeiro
  • Cervexería O Paseo: José Manuel Fachal
  • Cervexería Índalo: Isidoro Salvador Figueroa
  • Parrillada El Mercado: Yolanda Garrote
  • A Parrillada do Couto: María Veiga
  • Gastrobar Piñeiros: Roberto Fernández
  • Mesón O Pío: José Sabín
  • Silver 200 Monjes: Daniel Neira
  • Hostal Restaurante Carballo: Francisco Fernández
  • Mesón O Conxuro: Ángel Ríos
  • Restaurante A Trasanquesa: Silvia Coba

Así mesmo, o vale por importe de 200 euros para canxear por produtos nas tendas Mercaval, da cooperativa do Val, foi para Valentina Martínez e os tres de 100 euros para: Lola Vidal, Pili Gurpegui e Margarita Díaz. Por último, procedeuse a sortear as dúas fins de semana enogastronómicas, que serán para Tania Rivera e Gonzalo Fernández. O mércores día 27 de xullo recibirán os seus vales nun acto a desenvolver no Concello, tal e como avanzou o edil de Promoción Económica.

Villamar agradeceu a participación dos establecementos de hostalería adheridos a esta iniciativa e tamén da cooperativa do Val, nunha proposta que «un ano máis nos permite continuar promocionando conxuntamente a excelente calidade de produtos da horta do noso concello, como o Pemento do Couto e o Tomate Negro, nesta ocasión», subliñou. Así mesmo, o concelleiro naronés destacou a boa acollida que a proposta tivo un ano máis entre os veciños de Narón e tamén doutras persoas que se achegaron desde outras localidades aos establecementos adheridos e participaron nesta edición da Ruta Gastronómica.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …