Ibán Santalla elexido coordinador local de Terra Galega en Narón

naron-terra galega comite localO edil naronés Ibán Santalla resultou elixido este martes coordinador local de Terra Galega en Narón. A formación política celebrou a partir das 20.30 horas unha xuntanza no seu local, en Santa Icía (A Solaina) para elixir aos integrantes do novo Comité local. Á convocatoria presentouse unha única candidatura, a liderada por Santalla, que substitúe no cargo a Avelino Rouco, exedil da formación na localidade naronesa.

Nova executiva

Catro homes e catro mulleres integran a nova Executiva xunto con seis vogais. A secretaria de Organización, María del Carmen Espada; o responsable do Movemento Asociativo, Pablo Mauriz; a de Mocidade, Lucía González; o de Acción Política Rural, Roberto Naveiras; o de Finanzas e Cultura, Bruno González, a de Igualdade, María Díaz e a secretaria de Actas, Sandra Padín, completan o equipo. Así mesmo, como integrantes da dirección Nacional de Terra Galega son vogais: Guillermo Sánchez Fojo, José Manuel Blanco, Marián Ferreiro, Marta Otero e Bruno González e como integrante do Consello Político, tamén Natalia Hermida.

Na súa intervención, Sánchez Fojo valorou o traballo da anterior Executiva local de TEGA e felicitou aos seus compañeiros do novo Comité, ao tempo que incidiu na importancia de «continuar traballando como ata o de agora por e para os veciños e veciñas de Narón». Así mesmo, destacou a labor que terá o equipo nos vindeiros meses a nivel local e tamén autonómico, debido a proximidade dunhas eleccións «nas que é máis preciso que nunca a nosa labor en Terra Galega da man daquelas formacións que non cesen no seu empeño de defender os intereses e dereitos de todos os galegos e galegas, gobernando para o conxunto da cidadanía e non para uns poucos». Sánchez Fojo destacou tamén o cometido do novo coordinador local, Ibán Santalla, edil desde as pasadas eleccións locais no Concello naronés.

Pola súa banda, Santalla agradeceu o respaldo dos seus compañeiros e compañeiras de partido trala súa elección como coordinador local de TEGA e comprometeu a súa implicación no posto. «Este é un cargo totalmente novo para min e quero darvos as grazas pola confianza depositada na miña persoa e no resto do equipo de Terra Galega, unha formación coa que me sinto plenamente identificado, como non podía ser doutro xeito, e para a que xunto con todos e todas vós continuarei traballando para defender os intereses do noso concello e mellorando día a día todo o que estea nas nosas mans».

 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

2 comentarios

  1. Sangre joven (jajaja) y enfuchufados varios en el Ayuntamiento. Nada nuevo bajo el sol… ni en el seno de Terra Galega.

  2. Corleone mueve los hilos de sus nuevos chicos