O CTG e o Concello de Narón impulsan unha campaña de doazón de sangue

A campaña de doazón de sangue impulsada desde o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) e na que colabora o Concello de Narón co reparto de 11.000 dípticos informativos, iniciarase esta tarde na localidade. Unha das unidades móbiles do CTG estará hoxe entre as 15:30 e as 21 horas na Praza da Constitución, no barrio da Solaina, para atender aos doantes que queiran participar. Desde o Centro de Transfusión de Galicia recordaron que os niveis de reserva máis baixos na actualidade correspóndense cos grupos A+ e B+, se ben destacaron a importancia de que se realicen tamén doazóns do resto de grupos sanguíneos.

A iniciativa, entre cuxos obxectivos está incrementar o número de doazóns de sangue na localidade, continuará mañá e o mércores. En ambas xornadas a unidade móbil do CTG localizarase nas inmediacións do centro de saúde, na rúa 25 de Xullo, de 9:30 a 14:30 e desde as 15:30 ata as 21 horas.

Desde o Centro de Transfusión de Galicia e o Concello agradecen a colaboración de todas aquelas persoas que se impliquen nesta campaña. Así mesmo, desde o CTG subliñaron a importancia de incrementar as reservas de sangue no verán, ao ser unha época donde soe incrementarse a demanda debido ao aumento do número de accidentes.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …