O PP felicita á Consellería de Política Social por dotar dun servicio de conciliación en Sedes

O portavoz de Educación do Grupo Popular, Hipólito Fariñas, saudou onte no Parlamento que a Consellería Política Social xa comunicara ás entidades veciñais da parroquia de Sedes en Narón a súa intención de dotar dun servizo de conciliación da vida laboral e familiar a esta parroquia nas dependencias da escola con prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos. Fariñas subliñou que «Galicia está á vangarda das comunidades autónomas con máis axudas á familia e á infancia, logo dun incremento do 60 por cento do número de prazas de 0 a 3 anos e conseguindo superar a ratio de cobertura do 33 prazas por cada 100 nenos que marca a Unión Europea».

Ademais, o portavoz popular lembrou que na actualidade a Xunta está a poñer en marcha de xeito experimental novos recursos para a conciliación das familias no rural, como é o caso das casas-niño. «Esta tamén pode ser unha boa opción para a parroquia de Sedes, unha vez se leve a cabo a regulación definitiva destes recursos», indicou.

Hipólito Fariñas criticou á incongruencia da oposición porque «por unha parte, están a reclamar a continuidade das escolas unitarias rurais, pero ao mesmo tempo tamén critican os agrupamentos de alumando de diversas idades na mesma aula».

Neste sentido, explicou que «o número de peches ou agrupamentos están marcados pola lexislación e as circunstancias demográficas e de natalidade», e lamentou que «antes permanecían en silencio ou presumían de escolas rurais cando se pechaban as escolas rurais con nove alumnos e agora faise con cinco».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. Jose Manuel Rey Varela siempre se ha preocupado de Ferrol, lo hizo como Alcalde y sigue en ello como Conselleiro, no nos ha defraudado a los que confíamos en el y en el proyecto del PP. Gracias!