Profesionais da área ferrolá organizan a nivel nacional a I Feira de Simulación Low-Cost

Profesionais da Xerencia Integrada de Ferrol organizan a I Feira de Simulación Low-Cost, no marco do 28 Congreso Nacional de la Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias (SEMES), que reúne a máis de 2.500 inscritos en Burgos, os días 8, 9, e 10.

Est eventoe ten como obxectivo amosar solucións de desenvolvemento en centros de simulación, escenarios de simulación avanzada, e simuladores de técnicas invasivas con recursos limitados, así como facilitar a implantación da simulación clínica enfocada á urxencia, tanto hospitalaria como extrahospitalaria, sen necesidade de presupostos elevados.

Como indicou Francisco Rascado Sedes, profesional de Urxencias e responsable médico das aulas, «sabemos que outros centros apostaron polo mesmo que fixemos nós, e quixemos aglutinar a tódolos que queiran amosar as súas novas dinámicas de simulación; que cada quen ensine as súas solucións máis alá do estándar». Neste taller está acompañado tamén por Pilar López-Sastre Nuñez, profesional de Enfermaría da área sanitaria ferrolá, e Javier Abellá Lorenzo, técnico do 061.

Os destinatarios, tal e como recolle o programa, son os sanitarios interesados en amosar e/ou ver diferentes ‘enxeños’ destinados á formación en técnicas empregadas en urxencias hospitalarias e extrahospitalarias. As Aulas de Simulación de Ferrol lideran este novedoso proxecto a nivel nacional na medida en que foron as primeiras de Galicia en apostar polo aproveitamento dos recursos dispoñibles e engadir novas alternativas ós simuladores habituais. De xeito concreto, a área sanitaria ferrolá aporta os seus simuladores de drenaxes torácicos, vías centrais, cirurxía menor, e de paracentése.

Activa participación dos profesionais da área ferrolá

No marco deste Congeso nacional, estes profesionais son docentes tamén no Curso Simulación: Son un profesional de Urxencias, quero saber como interveño en situacións de crise, curso destinado a profesionais médicos, de enfermaría e técnicos, nos que se fará simulación en escenarios concretos e con diferentes patoloxías, como un shock, dolor torácico, inconsciencia, parada cardíaca, traumatizado grave, ou insuficiencia respiratoria.

Por outra banda, participan tamén na Mesa A simulación como ferramenta para adestrar estratexias complexas. Neste caso, «non se simula, ofrécese unha explicación de como empregar a simulación, como traballar con ela e para que é útil», explicou Francisco Rascado. «Esta abordaxe é nova na medida en que se ofrece un vídeo de como se actúa nunha parada cardíaca, pero incluíndo cosas que non están correctas; valórase e discútese a actuación, e logo visualízase o mesmo vídeo coa actuación correcta», afondou. Analízanse tódalas fases do proceso.

No marco do Congreso Nacional da Semes reúnese tamén o grupo de traballo de simulación para enfocar as actividades de cara ó vindeiro ano 2017, e que están dirixidas cara o que se coñece como o CRM (siglas de Crisis Resource Management), que implica recursos para o manexo dunha crise sanitaria (parada cardíaca, por exemplo). É un concepto introducido na aviación e trasladado á medicina; e está baseado en mellorar as técnicas de coordinación e comunicación, o que minimiza os posibles erros humanos no manexo de crises no ámbito sanitario.

O CRM ten como obxectivo coordinar utilizar e implicar tódolos recursos dispoñibles para optimiza-la seguridade do paciente e os resultados. Comeza antes da crise, xa que tódolos recursos que serven para manexar unha crise tamén serven para evitala.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …