O BNG de Ferrol refiriuse esta mañá á Xunta de Goberno deste mércores, na que se aprobou o prego dos comedores escolares para os próximos dous anos, para censurar ao goberno municipal «por seguir asumindo unhas competencias que non lle corresponden», insistindo así en demandar á Xunta de Galicia para que asuma o servizo de comedores escolares.
O BNG censurou tamén que «a postura do actual goberno é compartida polo PP, da prestación polo Concello deste servizo de comedores escolares», considerando que o servicio «ademais de asistencial supón unha función educativa e a súa prestación correspóndelle á Consellería de Educación. Polo tanto, o actual goberno debería iniciar as xestións necesarias para que a Xunta se faga cargo deste servizo integrándoo no sistema educativo».
«A xestión dos comedores escolares por parte da administración autonómica é outro dos compromisos que tiña adquirido o actual goberno e que incumpre unha vez máis, igual que a revisión dos criterios das subvencións de concorrencia competitiva, os convenios nominativos, etc. Neste sentido, o goberno renuncia de maneira consciente a mudar estas e outras cuestións e asume a liña política do PP», lamentaron os nacionalistas.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
OS DO NON. Como siempre, sin plantear nada positivo.
Que se puede esperar de Suso Basterrechea?
Na teoría(e na utopía) pode ser como dí o BNG.
Na realidade, é outra istoria.
Tal e como acontece cos solares, montes e similares, de non ser rozados/limpados por os seus donos, alguén terá que limpalos/rozalos… ou estamos fffdidos.
-Un por outro e a casiña sen barrer…
Espabilando, que compre BOTALOS.