A maxia de Cristian Silva enche o «proxecto Gz Música na filial» do IES de Canido

ies canidoEste martes un dos referentes na música galega de vangarda, o gaiteiro Cristian Silva, tivo a ben ilustrar o alumnado do instituto de Canido a través do seu recente disco EGO.

O polifacético artista, baixo os actos do «Proxecto Gz. Música na Filial»  que pretende achegar aos cativos e cativas o idioma e a música galegos, fixo as delicias da mocidade presente que viu como a música tradicional a través da vangarda ten un oco no panorama actual.

Con colaboracións en diversos discos, EGO é o primeiro en solitario do artista natural de Carril. Os temas, compostos e creados por el mesmo en estudio, achegaron unha morea de sensacións entre o alumnado do Ies Canido.

Coñecido polo gran público pola súa participación no xurado do «Vai de gaita» do programa «Luar» (TVG), o excelente músico -profesor dos conservatorios de Ferrol e Vilagarcía- participou desinteresadamente coa súa música nos actos do «Proxecto Gz. Música na Filial» .

Logo dunha viaxe polo seu disco EGO e atender diversas preguntas do alumnado, o acto rematou cos aplausos de quen hoxe lle dá á música tradicional a oportunidade de se modernizar. Gran persoa e gran músico o artista natural de Carril.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …