Eliximos Narón pide priorizar a creación de novas prazas infantís nos barrios e aldeas

O grupo municipal Eliximos Narón Electores pide priorizar a creación de novas prazas infantís nos barrios e aldeas habendo constatado que para o próximo curso nas escolas municipais de 0 a 3 anos excedeu a capacidade en máis de 100 prazas, polo que «isto supón que superouse nun 30,5% as prazas totais nas escolas públicas do Concello, que son 328. Si temos en conta o número de nenos nese grupo de idades a cobertura en Narón está por debaixo do 40%. Todo isto indica que e necesario aumentar as prazas nun 50% a corto prazo e nun 100% a medio prazo».

Así, desde ENE sinalan que a prioridade do Concello «debería ser a creación de novas prazas públicas, no lugar do solicitado traspaso á Xunta das xestionadas polo concello por motivos económicos) xa que isto probablemente suporá un atraso na mellora da cobertura».

«Con frecuencia óese dicir que as restricións orzamentarias non permiten ampliar a rede de escolas infantís subvencionadas. Fronte a estes argumentos, a contabilidade dinámica demostra que o gasto público inicial queda compensado a longo prazo grazas ao aumento da participación das nais no mercado de traballo, os ingresos acumulados ao longo da súa vida laboral e a correspondente recadación de impostos. Existen bos argumentos, por tanto, para considerar os gastos en educación infantil máis como un investimento que como un gasto público correnteA, sinalaron dende a formación naronesa.

Ao que respecta á petición do goberno local de pedir unha nova escola no polígono Río do Pozo, o grupo municipal sinalou que «neste caso non vemos acertada a súa localización, xa que os parques industriais non son a contorna apropiada para os nenos por distintas razóns: ruídos, contaminación, e dificultade para interactuar coa contorna. Hai que ter en conta que os pais non sempre están nos polígonos. Debemos apostar polas escolas nos barrios e aldeas de residencia dos nenos, que axudan a manter a poboación e permiten a proximidade e convivencia entre diferentes xeracións, é dicir, que dan maior vida a barrios e aldeas».

«A súa combinación coas restantes escolas permite que haxa unha continuidade entre os diferentes ciclos formativos, o cal é unha demanda de moitos pais. A dispoñibilidade de escolas infantís de 0-3 anos promoven a igualdade de xénero, ao reducir os custos de oportunidade asociados ao feito de ter fillos, xa que permiten a conciliación laboral e familiar, e supoñen un apoio a maternidade e unha contorna favorable á vida familiar. Ademais, a escolarización infantil de calidade ten efectos moi positivos no desenvolvemento cognitivo dos nenos e, por conseguinte, no seu futuro rendemento escolar», finalizaron nas súas declaracións Eleximos Narón Electores.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …