Narón acolle unha campaña de sensibilización sobre a avespa velutina

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Octavio Dopico, anunciou esta mañá a celebración de tres novas charlas incluídas na campaña de sensibilización medioambiental Stop velutina, promovida pola delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura e na que colabora o Concello de Narón. As sesións desenvolveranse o vindeiro mércores, 1 de xuño, na cooperativa do Val, ás 19 horas; o día 2 de xuño na AVV San Xiao, a partir das 20 horas, e na AVV do Couto o día 3 de xuño, a partir das 19:30 horas. A convocatoria está aberta ao público en xeral.

Nesta campaña profesionais na materia informan aos asistentes sobre a importancia do trampeo na primavera, ao abordar temas como o comportamento da avespa velutina, os colectivos afectados, a vixianza e control e a colocación de trampas –con demostracións da súa elaboración.

A delegación de Ferrolterra da AGA dará por finalizada a campaña tras estas charlas, que se realizaron xa noutras entidades do municipio e concellos da comarca. Desde o colectivo explican que agora comezará un programa formativo e de investigación, con cursos e talleres no primeiro dos casos e con trampas e novos métodos de destrución de niños no segundo.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …