25 profesionais inician a súa formación residente na Xerencia Integrada de Ferrol

Hospital_Arquitecto_Marcide_Ferrol_A_Coruña_GalizaOs e as profesionais da Xerencia Integrada de Ferrol deron a benvida na mañá deste venres, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, ós 25 novos profesionais que inician a súa formación tanto no Complexo como nos distintos centros de saúde ferrolás. Do total dos 25 novos profesionais, 19 son facultativos: 6 formaranse en Medicina Familiar e Comunitaria, 1 en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, 1 en Medicina Interna, 1 en Obstetricia e Xinecoloxía, 1 en Pediatría, 1 en Psiquiatría, 1 en Psicoloxía Clínica, 1 en Radiodiagnóstico, 1 en Farmacia Hospitalaria, 1 en Oftalmoloxía, 1 en Dermatoloxía, 1 en Uroloxía, 1 en Cirurxía Xeral, e outro en Neuroloxía.

Ademais, comezan a formarse tamén 2 residentes de Enfermaría Obstétrico-xinecolóxica (matrona); e 4 residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Con respecto a isto, destacar novamente que Ferrol, xunto con Coruña, foi das primeiras Xerencias de Galicia en acreditar a formación desta especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Na Xerencia ferrolá, hai un total de 17 especialidades acreditadas; e estaranse a formar, coas novas incorporacións, neste novo período 2016-2017, un total de 86 profesionais nos distintos ámbitos, coordinados e supervisados por 54 titores e os correspondentes colaboradores docentes. Durante o acto desta mañá, o xerente, Ángel Facio Villanueva, polo presidente da Comisión de Docencia no ámbito hospitalario, Ramón López de los Reyes; e o presidente da Comisión de Docencia da Atención Familiar e Comunitaria, Luis Ramil Hermida.

O pasado 12 de maio despedíase ós 22 profesionais que remataban a súa formación residente na Xerencia Integrada de Ferrol; e hoxe dáse a benvida a estes 25 novos profesionais.

Rotación e adquisición de coñecementos

No caso da especialidade en Medicina Familiar e Comunitaria, para completar a súa formación, os seis novos médicos residentes comezarán traballando os primeiros meses nun centro de saúde da Xerencia, e posteriormente rotarán nos centros hospitalarios. Pola súa banda, as e os profesionais residentes do resto de especialidades realizarán a partir de hoxe as rotacións e gardas correspondentes nos hospitais do Complexo Hospitalario Universitario.

De xeito global, a supervisión do traballo destes novos 25 residentes corre a cargo dun total de 54 titores na Xerencia ferrolá, ademais dos dous coordinadores docentes, e que serán a referencia dos residentes durante a súa formación. Ó final de cada rotación, os residentes son avaliados polo seu titor, cualificándoos en base ós seus coñecementos e actitudes. Estes resultados, xunto cos méritos adicionais, como sesións clínicas ou investigacións que cada residente ten, establecen a súa avaliación final. Neste senso, o presidente da Comisión de Docencia, Ramón López de los Reyes, fixo referencia ó bo facer dos titores e ó traballo dos colaboradores docentes, facéndoo extensivo “a tódolos traballadores, porque teñen que compartir o día a día con eles”.

Lea también

El TSXG confirma un año y ocho meses de prisión por un robo con fuerza en la cantina de un campo de fútbol en Ferrol

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la condena de un año …