O Concello de Narón dotará de alumeado led os barrios da Solaina e A Gándara

A concellería de Obras Públicas de Narón, dirixida por Pablo Mauriz, iniciará este xoves 26 as obras correspondentes á instalación de alumeado led no barrio da Solaina e na zona da Gándara. O concelleiro naronés explicou que se trata dun investimento que ronda os 570.000 euros e destacou o feito de que «unha vez rematados os traballos previstos a factura eléctrica do Concello reducirase nuns 122.000 euros, según as estimacións iniciais, e emitiranse unhas cen toneladas menos de dióxido de carbono á atmósfera».

«Con este proxecto aforraremos unha cantidade importante de diñeiro na facturación eléctrica, ao renovar as actuais luminarias, que xa están bastante obsoletas, e substituílas por outras que nos permiten cumprir os obxectivos de redución nas emisións de dióxido de carbono e cunha vida útil duns dez anos, o que tamén suporá un considerable aforro no seu mantemento», subliñou Mauriz.

O edil de Obras Públicas explicou que as tarefas previstas nestas dúas zonas da cidade se desenvolverán practicamente de modo conxunto e en dúas fases. «A primeira delas iniciarase este xoves e estará rematada aproximadamente nun prazo de quince días, e a segunda comezará no verán», explicou.

No barrio da Solaina cambiaranse todas as luminarias e na Gándara as do entorno da praza, nesta primeira fase. Nos meses de verán, tal e como apuntou o concelleiro de Obras Públicas, seguirán os traballos previstos nas rúas Concepción Arenal, na estrada da Gándara e noutros viais da zona.

Mauriz avanzou ademais que desde a concellería que preside «estamos traballando para definir cales serán as zonas do municipio nas que se procederá a implantar a iluminación led unha vez que rematemos coas intervencións proxectadas no barrio da Solaina e na zona da Gándara». O edil incidiu na importancia de continuar desenvolvendo este tipo de actuacións e destacou o compromiso da área que preside por continuar traballando nesta liña.

No que respecta á execución das tarefas a desenvolver, o concelleiro naronés pediu «desculpas á veciñanza polas molestias que causen as posibles incidencias derivadas da execución desta actuación nos vindeiros días nos citados barrios, ao ser necesario, por exemplo, realizar algúns desvíos ou cortar parcial e temporalmente á circulación rodada algún carril ou vial da zona afectada».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

3 comentarios

  1. Melloran a iluminación para que vexamos mellor as fochancas das rúas. Ou se cadra será para non ter que pintar os pasos de peóns nin os «stops», que fai anos que non se pintanr.

  2. En eso gastan el dinero. En renovar farolas que no tienen ni 20 años de antigüedad. Y mientras tanto, la zona rural sin saneamiento, sin luz en algunos puntos y con furados por todos lados.

  3. Que se preparen los vecinos de estos barrios , cuando llegue la noche no verán nada de nada , que se fijen en el polígono de la gandara en la zona de naron y verán lo que les espera