O Pazo da Cultura acolle este venres o IV Desfile soldario

Un centenar de persoas de Narón, Ferrol, A Coruña, Viveiro e Vigo subirán este venres 13 á pasarela no Pazo da Cultura para participar no IV Desfile solidario organizado polo Concello de Narón coa colaboración da Asociación Dignidad, de Cáritas Santiago Apóstol, e da delegación de Ferrolterra da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

A edil de Acción Social do municipio, Catalina García, presentó hoxe o evento acompañada da presidenta da Asociación Comercio de Narón, Olga Ameneiro, e a de Dignidad, Dolores Romero, xunto coa psicóloga desta última entidade, Laura Toimil. «Máis contenta non poido estar coa colaboración dos comerciantes, hostaleiros e agrupacións de baile e música nesta edición do desfile, sendo a primeira vez que facemos un chamamento ao colectivo e respondendo todos tan ben», apuntou a edil de Acción Social.

O desfile comezará ás 20 horas e as entradas de balde poden recollerse xa nas tendas da Asociación Dignidade, sitada na rúa 25 de Xullo en Narón e nas rúas Alegre, María e Nova de Caranza, en Ferrol, e na taquilla do Pazo da Cultura. Para poder entrar ao evento deberase levar o ticket ao Pazo o venres e entregar, como mínimo, un quilo de alimentos non perecedeiros.

O acto comezará con actuacións musicais, sucedéndose no evento as que protagonizarán alumnos da Escola de Bailes de Salón do Padroado da Cultura de Narón; Carlos Mosquera Mos; o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, coa profesora Graciela Galdo; e alumado da profesora de canto Beatriz Rivas, da Escola da Vaca, de Ferrol. Haberá pases de roupa casual, de festa, e nupcial, así como un sorteo de varios agasallos como prendas doadas e complementos e tamén comidas e ceas por cortesía de hostaleiros locais, e unha sorpresa ao final do acto.

A presidenta de Dignidad valorou o feito de que no Desfile solidario de Narón «cada vez integramos a máis persoas que se interesan por participar e tamén a boa disposición dos empresarios que colaboran e do propio Concello de Narón».

A Asociación Comercio de Narón cede prendas de roupa, calzado e bisutería para o desfile, colaborando ademais con sesións de maquillaxe e perruquería, e tamén impulsou nas últimas semanas unha campaña de recollida de produtos de hixiene para os usuarios das citadas instalacións. A presidenta desta asociación, Olga Ameneiro, agradeceu ao Concello que contase co colectivo para este evento. «Estamos encantados de poder participar e ofrecemos a nosa axuda para calquera acto desta índole que se organice», manifestou.

A concelleira recordou ademais que se habilitou unha Fila 0 a través da que se poden realizar donativos económicos, na conta do Banco Pastor: ES-95- 0238-8158- 060600070448. Os cartos destinaranse a axudar ás familias do Centro de Recursos a pagar recibos de aluguer, auga ou luz.

«Será un desfile real, de persoas da rúa, de todas as idades, todas as tallas», asegurou a edil de Acción Social, que incidiu no feito de que este acto ten tamén un apartado moi relacionado coa Participación Cidadá. A edil naronesa fixo un chamamento á veciñanza «para que poidamos encher este venres o Pazo de solidariedade e axudar a todas esas familias usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón».

Lea también

Piden 24 años de prisión por abuso y agresión sexual a la hija de su pareja, en Narón

La Fiscalía solicita penas que suman 24 años de prisión para un hombre acusado de …