O Concello de Narón habilita un autobús para acudir á manifestación pola lingua galega

O Concello de Narón porá a disposición da veciñanza un servizo de autobús de balde para asistir á manifestación en defensa da lingua galega que terá lugar o vindeiro martes 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, en Santiago de Compostela.

Os interesados en acudir deberán anotarse antes deste venres 13 chamando ao número de teléfono 981 358 750. O autobús sairá das inmediacións do Concello ás 10 horas e estará de regreso sobre as 14:30 horas. A manifestación convócaa a plataforma Queremos Galego baixo o lema O idioma é a vida, aludindo a un verso do poema A Fala, de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Os manifestantes partirán ás 12 horas da Alameda de Compostela cara á Praza da Quintana, onde se celebrarán varios actos.

A organización recordou que se trata dunha convocatoria reivindicativa na que, entre outras medidas, se urxirán cambios na lexislación para evitar decretazos como o do ensino e tamén o impulso de accións políticas reais e efectivas en defensa da lingua galega.

Lea también

Piden 24 años de prisión por abuso y agresión sexual a la hija de su pareja, en Narón

La Fiscalía solicita penas que suman 24 años de prisión para un hombre acusado de …