O director técnico do Padroado de Cultura de Narón homenaxeado en Ourense

Luciano Fernández (en el medio) en un acto con motivo del festival folclórico 2015
Luciano Fernández (en el medio) en un acto con motivo del festival folclórico 2015

O director técnico do Padroado da Cultura de Narón, Luciano Fernández, recibirá este sábado, día 30, o Premio de Honra concedido pola organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que este ano alcanza a súa vixésimo primeira edición, en recoñecemento á súa labor como programador profesional no Pazo da Cultura. O acto de entrega comezará ás 20.00 horas no Teatro Principal de Ourense.

A distinción constitúe “un recoñecemento á labor dos programadores profesionais que aman o teatro”, tal e como indicaron desde a organización. Así mesmo, incidiron en que o traballo de Luciano Fernández en Narón “é fundamental nun Concello exemplar en programación, pola súa implicación co teatro e o ensino teatral coas escolas municipais de teatro”. A encargada de entregarlle o premio será a directora do Teatro Principal de Ourense, Olga Mojón.

No transcurso da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, iniciada o pasado 15 de abril, preséntanse habitualmente traballos interpretativos realizados polo alumnado das Aulas de Teatro da Universidade, dando así por culminada a actividade do curso.

 

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …