Eliximos Narón pide un Plan de Optimización Enerxética para a cidade

O grupo municipal de Eliximos Narón Electores fixo constar que na actualidade existe un convenio sobre estudos enerxéticos entre o Concello coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), polo cal se está a pagar uns 15.000 euros ao ano, e que esta fundación xa fixo unha análise enerxética preliminar das instalacións e dependencias municipais e outro sabre a optimización da factura eléctrica, polo que «pídese que se completen os estudos sobre do alumeado exterior e os edificios públicos co fin de elaborar un Plan de Optimización Enerxética municipal que inclúa un plan de actuación enerxética para os próximos catro ou cinco anos».

Por outra parte, ENE incidiu que «dado que ata o próximo xullo existen para Galicia 22 millóns de euros de fondos europeos (Jessica-FIDAE) dispoñibles para estes fins, pídese que se programen xa para este ano actuacións concretas de renovación do alumeado e mellora da eficiencia enerxética dos edificios públicos, pois estas actuacións non só se amortizan soas a cargo dos aforros enerxéticos acadados, senón que facilmente poden supoñer un retorno da inversión para o concello de ata o 200%».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …