Dos 53 parques infantís localizados no termo municipal de Narón un total de 51 cumpren a normativa europea UNE-EN 1176 sobre seguridade nas áreas de xogo e superficies. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, valorou o feito de que na actualidade o 96,22% dos parques infantís de Narón conten xa con esta certificación de calidade e explicou que «estamos pendientes da concesión desta acreditación para os parques do colexio de Freixeiro e da escola infantil municipal da Solaina, para os que xa está solicitada e cos que esperamos en breve dispor desta certificación de seguridade no cen por cento deste tipo de áreas de xogo municipais».
O aumento da capacidade de absorción de impactos dos pavimentos de seguridade das zonas de xogo, a adaptación do deseño dos xogos á normativa en vigor, o respecto das áreas de seguridade mínima entre os elementos de xogo e a ampliación de superficies como os paseos de Freixeiro e Xuvia foron algúns dos requisitos cumpridos de cara á obtención desta certificación. Os parques 25 de Novembro, da Praza 25 de Xullo, de Eduardo Pondal e da praza do Concello foron os primeiros en adaptarse á normativa, se ben o último foi, hai tan só uns días, o da Escola de Sedes. A finalidade destas tarefas é diminuír os riscos para os usuarios potenciais destas instalacións, evitando posibles danos ou minimizando os efectos de posibles caídas.
O concelleiro indicou que «como é habitual neste tipo de procesos, unha empresa especializada realizou as pertinentes auditorías nas diferentes instalacións localizadas tanto na zona urbana como na rural». Ao respecto, recalcou que «o feito de poder contar cos parques infantís en condicións de ter esta distinción responde ao traballo que nos últimos anos se veu desenvolvendo desde o Concello a través da área de Servizos».
As tarefas de mantemento e conservación previas ás auditorías realizáronse primeiro nos parques da zona urbana, ao tratarse dos que rexistran un maior uso. Entre os anos 2014 e 2016, recordou o edil, a empresa Jardinería Arce foi a encargada de reparar e adaptar á normativa estas instalacións, unhas tarefas para as que o goberno local destinou, nese tempo, unha partida de 183.960 euros.
O edil de Servizos subliñou que se trata dun traballo que require continuidade, avanzando que as zonas de xogo municipais se inspeccionarán semanalmente «para proceder a reparar calquera posible problema detectado nos mesmos e derivado do seu uso diario».
«Desde o goberno local de Narón continuaremos invertindo no mantemento destas instalacións, para que o cen por cento dos parques infantís municipais estean nas condicións óptimas e poidan gozar delas todos os veciños e veciñas», apuntou Santalla.
¿Presumen de que hay dos parques ilegales? Esto ya es de broma
Pero tú sabes leer? O eres también de los afectados por los recortes del PP en Educación?
Ahí pone que para los dos que aún no tienen la certificación está solicitada… Será porque cumplen los requisitos…
Ilegal debería ser hablar por hablar…