Comezan as primeiras asembleas de barrio. A estudo as liñas do transporte público

concello-asambleasO Concello de Ferrol ven de convocar as nove primeiras asembleas veciñais no mes de abril, a que están chamados todos os barrios e parroquias do municipio en nove citas do 4 ao 15 de abril, de 18 a 21 horas.

A primeira delas iníciase no Carvalho Calero na tarde deste luns

Están fixadas co ánimo de abrir as portas do Goberno local a participación directa nun proceso aberto co ánimo de tomar nota das demandas, fixar prioridades, abrir vías de diálogo para mellorar a calidade de vida de cada barrio e do municipio en xeral. En concreto, un dos obxectivos que se marca esta fase, que chega logo do I Foro Cívico «Reiniciamos», pasa polo redeseño das liñas do transporte municipal no procura do consenso para gañar en viaxeiros e eficiencia. É o primeiro paso dun total de 46 xuntanzas previstas cos veciños -23 de ida e 23 de volta para facer balance- que forman parte do proxecto «Reiniciamos».

Así o expuxeron os concelleiros de Participación e Urbanismo, Álvaro Montes e María Fernández Lemos, que deron conta da iniciativa que arranca o 4 de abril. As asembleas, expuxo Montes, servirán para escoller aos representantes de cada barrio e parroquia para sentar futuro Consello da Veciñanza.

«A nosa idea é trasladar o deseño do transporte público que queremos para a nosa cidade e que cada veciño e veciña, da idade que sexa, poida conectar os puntos mais necesarios para a súa vida e a súa cidade», manifestou e edil de Participación. En total, engadiu, ao termo do proceso vanse celebrar un total de 46 xuntanzas cos veciños (23 de ida e 23 de volta para facer balance), aínda que o proceso

Pola súa banda, María Fernández Lemos, concelleira de Urbanismo e Infraestruturas, sinalou que o actual Plan de Transporte Metropolitano da Xunta «non é suficiente». «Ten problemas de operatividade: as rutas non son suficientes e as frecuencias tampouco e eso motiva moitas queixas cidadás».

«Coido que o mellor xeito de chegar a xente é, precisamente, por medio destas asembleas participativas para ter unha visión global das necesidades dos usuarios. O que temos que lograr é ampliar o número de usuarios porque o transporte en Ferrol non vai a mellorar se non gaña usuarios e moito mais, se facemos esta aposta por una cidade peonil », manifestou Lemos.

O obxectivo, resumiron ambos concelleiros, é «chegar a poboación para que poidan facer o seu propio mapa de transporte e implementar liñas e horarios a partires do 2017 co maior grao de consenso posible.

CALENDARIO PREVISTO PARA AS ASAMBLEAS DE BARRIO DE 18 A 21

4 abril.- Centro Cultural Carvalho Calero-Ensanche A, Esteiro e Recimil
5 abril.- Local AAVV de Serantes-Serantes e Mandiá
6 abril.- Centro Cívico de San Pablo-San Pablo de Catabois, Sta. Mariña e Sta. Cecilia
7 abril.- Local AAVV de San Xoán-Ensanche B (Ultramar) e San Xoán
11 abril.- Local Asoc. Parroquial San Román- Doniños, San Xurxo e Brión
12 abril.- Centro Cívico de Caranza- Caranza
13 abril.- Local AAVV A Cabana-A Cabana, A Graña e San Felipe
14 abril.- Local AAVV de Esmelle-Esmelle, Covas e Marmancón
15 abril.- Antigo Hospicio-Magdalena, Canido e Ferrol Vello

Lea también

El barrio ferrolano de Ultramar inicia los conciertos de Navidad

A AVV Ultramar comienza este fin de semana sus tradicionales conciertos de Navidad, en colaboración …

4 comentarios

  1. Señora Lemos: Usted anunció que durante el mes de Marzo, la Policía Local, iba a inspeccionar las terrazas de hostelería.
    Cuando va a presentar usted el informe de esa inspección, por que a simple vista , TODO SIGUE IGUAL

  2. Vamos, que ahora cualquier hijo de vecino es experto en planificación de transporte. Total, nuevo brindis al sol, porque las concesiones vencen en 2019 y 2021 y ya puede decir misa el Concello, que hasta que venza el plazo no hay cambio posible.

  3. Que fácil les parece a estos señores llevar al huerto a los ciudadanos….pero mire usted de bobos lo justo!
    No puede haber ninguna modificación del Plan de transporte osea más de lo mismo….PALABRERÍA.

  4. Sebastián Pantera

    EXITAZO. Ayer, primera asamblea de barrio y hubo la maravillosa asistencia de 8 PERSONAS!!!!! Menudo ejemplo de participación ciudadana.