Transporte Saudável: Si Grazas

miguel anjoMiguel Anjo González García

Vivimos nunha sociedade cada vez máis sedentaria produto do nosso estilo de vida. Os nossos hábitos alimenticios cada vez son peores. Abusamos dos fritos, dos hidratos de carbono, da comida pre-cociñada ect… Cada vez dedicamos menos tempo para fazer a comida e cando termos que fazela irritamonos. Compramos as salsas que conteñen de todo menos o produto do que dizen que son e até os doces nom os mercamos na pastelaría senón que os compramos nas grandes superficies, moitos dos cales, son todo azucre e conservantes, entre outras fermosuras.

Produto disto, entre outras cousas, é o sobrepeso que, cada vez está máis presente na nossa sociedade, como outras enfermidades, consecuencia destes malos hábitos. A obesidade xa afecta incluso aos bebés e os problemas de colesterol e azucre no sangue cada ano que pasa van em aumento, em todas as idades. Ao mesmo tempo as demencias e o alzheimer van supoñer un serio problema sanitario para próxima década. Hoxe em día coñecese que os alimentos funcionan e afectan ao cerebro igual que os medicamentos e drogas e ademais, outras enfermidades dexenerativas tambén están em ascenso debido fundamentalmente ao nosso estilo de vida

Ao mesmo tempo collemos o coche pra todo, desde ir ao traballo, tomar o café e incluso para dar os nossos paseos entre un longo ect… Cada vez que temos que desprazarnos a pé supón para nós un gran esforzo. Xa nom subimos as escaleiras, se podemos fazemolo no ascensor, aínda que sexa pra subir ao primeiro piso. Tiramos de coche incluso para ir ao ximnasio, onde podemos pasar unha hora subidos a unha bicicleta que nom se move, ducharnos e volver a coller o coche para regresar a casa. Ademais nas casas o normal é ter ao menos dous coches e ata a rapazada vai ás aulas a estudar quer em moto quer em coche. A consecuencia de todo isto é por exemplo, unhas estradas escangalladas, constantemente com fochancas, xa que nom están preparadas para soportar tal cantidade de tráfico rodado.

Todo isto vén supor ademais do dito anteriormente, un problema meio ambiental de primeira índole. Dizen os expertos que a humanidade se enfronta a un dos momentos máis críticos da súa historia, debido fundamentalmente ao cambio climático e parece que os nossos gobernantes nom se queren dar de conta

Familia-bicis Porén há exemplos como algunhas cidades que están polo labor de intentar mitigar estes problemas, favorecendo e promovendo o uso da bicicleta como transporte alternativo, sa fisicamente e psicoloxicamente e saudável tambén desde o punto de vista meio ambiental. Holanda está a adecuar todo o país para que os seus cidadáns poidan desprazarse em bicicleta sen ningún problema. Estudos indican que neste país, há dois millóns máis de bicicletas que cidadáns ten o país. Noutros países como Alemaña algunhas das súas principais cidades tambén están polo labor de favorecer o uso deste sistema de transporte. Desde fazer unha ciclo vía cuberta que conecta toda a cidade, até adecuar un carril dunha autoestrada para o uso soamente de bicicletas, e así, unir varias cidades as bicicletas

Nin que dizer ten que favorecer esta forma de transporte soamente trae beneficios, nom só para quen practica este xeito de actividade física, senón que, trae tambén beneficios para toda a comunidade. A xente que está activa fisicamente demanda polo xeral menor cantidade de fármacos e servizos socio sanitarios. Moverse em bicicleta habitualmente mingua os problemas do azucre (diabetes), problemas cardíacos, depresións, ansiedades ,trastornos do sono, perdida de mobilidade acelerada e un longo ect.. co cal o aforro ás arcas do estado é notábel, ademais de favorecer o desconxestionamento do tráfico rodado e coidar as estradas, xa que o impacto é menor.

Por todo isto entre outras coisas sería bon que os nossos governantes fixeran todo o que está nas súas mans para propiciar que cada vez máis xente se decidise a elixir a bicicleta como o seu sistema de transporte habitual, fazendo campanhas informativas periodicamente nos diferentes meios de comunicación, para estimular a poboación a usar este tipo de transporte,  ademais de fazer unha rede de ciclovías em todas aquelas estradas que fose posível e crear unha rede de bicicletas públicas que unise as diferentes poboacións do contorno.

Porque como dizía Herbert George Wells escritor, novelista, historiador e filósofo Británico «Sempre que vexo un adulto encima dunha bicicleta, recupero a esperanza no futuro da raza  humana»  

 

 

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …