O Concello de Ferrol lembra ao historiador Ricardo Carvalho Calero no 26 aniversario do seu pasamento. Nado en Ferrol Vello no 1910, Calero faleceu o 25 de marzo de 1990 en Santiago de Compostela e os seus restos descansan no camposanto de Boisaca. Alí foi depositida na mañá deste venres unha ofrenda floral da corporación municipal de Ferrol na súa memoria.
Tanto o pleno do Concello de Ferrol, na sesión extraordinaria do 16 de marzo, como o da Mancomunidade de Concellos da ría -que agrupa a nove municipios da contorna-, o día 14, no veñen de reclamarlle a Real Academia Galega (RAG) que recoñeza o legado de Calero e lle adique o Día das Letras Galegas do 2017 ao filólogo e historiador ferrolán, en xusto recoñecemento o seu traballo a prol da lingua galega.
A reivindicación incesante que o Concello de Ferrol está a facer nos últimos anos, da figura e da obra de Calero, desde distintas corporacións consecutivas, non foi atendida -ata o momento- pola RAG.
O Concello de Ferrol volve a poñer sobre a mesa da RAG o inxente legado do poeta, ensaísta e dramaturgo, que participou como redactor do Anteproxecto do Estatuto de Galicia, membro da RAG e foi o primeiro catedrático de Língua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Entre os seus innumerables méritos académicos, ten o de ser o autor do primeiro romance escrito en galego logo do golpe militar do 36 e o da primeira gramática galega, ademais dunha monumental historia da literatura galega. Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-1990) é fillo predilecto do Concello de Ferrol.
Este sábado, ás 12.00 h. a Sociedade Medulio reaiza unha ofrenda floral ante os restos da casa natal, na rúa San Francisco.