O Concello de Narón terá unha relevante presenza en Equiocio

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou esta mañá a participación do Concello de Narón no XIX Salón do Cabalo Equiocio 2016 xunto coa directora do evento, Ana Pérez Lago, e integrantes do equipo de Educación Vial do Consistorio, Pedro Caneiro, Simón Cabarcos e Sonia López. A cita, que alcanza a vixésimo quinta edición do Concurso de Salto, desenvolverase do 24 ao 27 deste mes no recinto feiral de Punta Arnela, en Ferrol. Ademais de incluírse entre as probas deportivas o Trofeo Cidade de Narón, nomearase Amazona de Honra á directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras, «que para nós é moi importante a nivel cultural e educativo”, sinalou Hermida. Así mesmo, a edil de Turismo indicou que se instalará no recinto o circuíto de Educación Vial -nunha das naves interiores, ocupando un espazo duns trinta metros- e, como novidade, o Concello estará representado nun stand turístico con outros vinte municipios da comarca para promocionarse a través do Xeodestino Ferrolterra.

Ana Pérez Lago explicou que «Equiocio xa é Narón e Narón xa é Equiocio», aludindo ao feito de que despois de 25 anos «neste evento, cada un atopou o seu espazo e Narón soubo encaixar perfectamente nesta convocatoria que se desenvolve no recinto feiral de Punta Arnela, ao que van miles de familias de Narón e tamén outras que veñen pasar estes días á localidade».

Hermida agradeceu á directora de Equiocio 2016 a invitación realizada ao Concello «para participar nun evento moi importante para a comarca e moi consolidado, que é un referente na zona e que ofrece un espazo deportivo e de ocio para as familias durante a Semana Santa». A concelleira naronesa recordou que se repartiron preto de 9.000 entradas para Equiocio 2016 nos centros educativos de Primaria e nas escolas infantís do municipio, dúas por cada neno ou nena. Ao respecto, Ana Pérez Lago apuntou que os rapaces de ata 16 anos poden entrar de balde –o resto pagarán cinco euros por día- e explicou que serán Cáritas e Cogami as entidades que xestionarán tanto o cobro dos tíckets como os donativos que desexen realizar os asistentes ao evento, que se entregarán a estas dúas entidades para que continúen desenvolvendo as súas labores sociais.

En canto ao circuíto de Educación Vial, este será o terceiro ano que se instale no recinto de Punta Arnela co fin, apuntou Pedro Caneiro, de «dar a coñecer todo o traballo que realiza o Concello de Narón en materia de Educación Vial».

A edil de Turismo e a directora de Equiocio 2016 animaron á veciñanza a asistir a este evento que este ano reunirá no recinto feiral a máis de douscentos xinetes para competir nas diferentes probas, e cuxo programa contempla unha gran variedade de actividades dirixidas ao público infantil e adulto.

Lea también

Axenda en Narón o 27 e o 28 de abril

Sábado 27 de abril de 2024 Actividade: Danza tradicional “Ceibe” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da …

4 comentarios

  1. ferrol pone dinero e instalaciones y la familia lago desprecia a ferrol y a sus vecinos , no hay en la ciudad una mujer que merezca ser amazona de equiocio? , gracias por tratarnos asi de mal , animo a todos los ferrolanos a que no vayan para castigar a la organizacion y para que otro año se lo tomen en serio o se vayan para el trece a ver si les gusta mas las instalaciones

    • Pero vamos a ver, ¿en qué parte del artículo se desprecia a ferrol? Ya salen los fantasmas y miedos de siempre…Narón y Ferrol siempre enfrentados…non vaia ser que se mesturen as razas. Avance, que ya estamos en 2016.

    • Qué mala es la ignorancia. El Concello de Narón colabora en este evento y nombrar a una mujer Amazona de Honor del Ayuntamiento de Narón no veo que sea ningún trato malo hacia Ferrol. Más daño hacen este tipo de comentarios infundados y maliciosos…

  2. explicarles a leila y maria pena que uno de los problemas de la ciudad de ferrol fue el no avanzar en el tiempo y saber venderse , en el resto de ciudades todos sus eventos están mirados con lupa para promocionarse, uno de los ejemplos es la ciudad de la coruña , en el CSI casasnovas campeonato de saltos internacional , el video que promociona el campeonato todas sus imágenes son de a coruña y no se hace referencia a arteixo que es donde están las instalaciones del sr amancio ortega , ahora llama le tonto al del video por vender imagenes de coruña en el mundo entero en vez de arteixo, podríamos seguir con el aeropuerto que pertenece a culleredo , el puerto exterior que esta en arteixo , el poligono industrial de sabon que tambien es de arteixo …………, en cambio en ferrol el poligono del pozo que el 90% de su espacio esta dedicado a las empresas que trabajan para navantia no se considera ferrolano . en equiocio tendrían que haber elegido a una mujer de ferrol o no pero conocida en españa aunque no resida en la ciudad para poder tener una repercusión en algún medio nacional y poder avanzar en calidad y poder exigir mas subvención a la xunta.. , o avanzas y das calidad a la ciudad que con ello repercute en ingresos por turismo o acabas haciendo equiocio en el trece o en las cabazas