Eliximos Narón sinala retrasos nos prazos de pago do Concello e de COSMA.

No pasado pleno de Narón deuse conta do informe de tesourería relativo ao cumprimento dos prazos de pago de obrigacións correspondentes ao 4º trimestre de 2015 para O Concello, O Padroado de Cultura e COSMA.

«Isto converteuse para o concelleiro delegado de Xestión Orzamentaria do Tripartito, o Sr. Pablo Villamar, nun mero trámite que, como en outros moitos, non dá ningún tipo de explicación salvo cando os datos son bos para facer unha rolda de prensa. Así na Comisión de Contas e no Pleno non nos explicou nada de nada». Así referíronse dende o grupo municipal de Eliximos Narón, axuntando a estas declaracións que «resulta que nos pagos que tiña que afrontar o Concello no trimestre pasado non se cumpriu a tempo con 1 de cada 4 euros aproximadamente (1,11 millóns de euros), mentres que para o presente trimestre xa imos cun 16% de incumprimento (0,33 millóns de euros)».

O grupo municipal engadiu tamén que «a cousa e maior no caso de COSMA na que aínda que o total e menor (195.000 euros) supuxo deixar de pagar no trimestre pasado case 1 de cada 2 euros (o 45,8%), mentres que para o presente trimestre xa vai cun 17,3% de incumprimento (45.900 euros). Isto directamente non é malo para a economía do Concello e de COSMA mentres os acredores non pidan os intereses que lles corresponde por lei, e actualmente non o están a facer, non sabemos se por medo a consecuencias ou cal é o motivo».

«Non obstante, estas débedas son un lastre para ditos acredores, especialmente cando se trata de pequenas empresas, e aínda mais cando se trata de pequenas empresas do concello ou da comarca que poden ter dificultades para pagar aos seus traballadores», engadiron.

Contestación dende o Concello

O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, aclarou ao respecto das críticas formuladas polo portavoz de Eliximos Narón sobre os prazos de pago de obrigacións no Concello, que «estamos en moi boa situación porque neste Concello se están abonando nun período de entre 15 e 25 días as facturas cando o tempo legal para efectuar eses pagos é de 30 días».

Villamar subliñou que o documento presentado ao pleno deste mes é un informe realizado desde o departamento municipal de Tesourería no que se recollen os datos de cumprimento de prazos «para dar conta dos pagos do cuarto trimestre de 2015, como se fai habitualmente, e que en ningún caso se somete a aprobación nos plenos».

Así mesmo, O concelleiro de Xestión Orzamentaria instou ao representante de ENE a «reunirse cos técnicos municipais, se non quere facelo cos representantes políticos, para que lle dean as explicacións que considere oportunas antes de poñerse en evidencia con este tipo de inexactitudes».

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …

Un comentario

  1. Alfonso Casal Pita

    Eliximos Narón pide a Villamar que mire mais ala das súas cifras e vexa como a súa xestión afecta ás persoas.
    _
    Descoñecemos si o Sr. Villamar mirou só a última cifra do informe de tesoureira relativo ao cumprimento dos prazos de pago ou si non quere ver o resto do informe. Dende a súa butaca de delegado ve o vaso medio cheo, pero as empresas ás que o Concello non se lle pagou a tempo as 93 facturas por un total de 1.112.510,83 euros, ou as outras 407 por 326.043,92 euros que seguían sen cobrar a final de ano, seguro que ven o vaso medio baleiro porque teñen que facer fronte aos seus pagos e que manter os seus traballadores que queren cobrar todos os meses. Respecto a COSMA ocorre algo similar ou peor.
    _
    O que realmente lle importa as empresas é que o Concello tarda en pagar unha media de 52 días dende que recibe a factura, mentres que o padroado de cultura faino en 12,23 días, claro que falamos de un total de facturas de 4.145.996,79 do Concello fronte a 457.492,63 euros do Padroado de cultura.
    _
    A ditos números si lles restamos 30 días que a lei lle deixa a concello para xestionar a facturas e se calcula unha media o resultado é o de 12,23 días de período medio de pago que é o número que lle gusta ao Sr. Villamar, a súa media verdade.
    _
    Creemos que a postura do Sr. Villamar é unha visión dun administrador que ve que os números que lle esixe o Estado lle cadran e que non ve, mais aló do seu ordenador, as empresas e persoas que están a sufrir o retraso dos pagos, parece que xa esqueceu o seu programa no que dicía “As persoas van ser tamén, agora máis ca nunca, o obxectivo da nosa organización na vindeira lexislatura”.