Normalización propón aos CEIP de Ferrol a actividade «O conto viaxeiro»

conto viaxeiro ferrol 9-10Como parte da programación de actividades de dinamización lingüística do Concello de Ferrol, a concellería de Normalización Lingüística ven de propoñer aos mestres de Primaria a actividade O conto viaxeiro, dirixida rapazas e rapaces de de 2º, 3 º, e 4º de Educación Primaria.

O obxectivo destes obradoiros é achegar a lingua galega aos pequenos e pequenas e ás familias ferrolás dun xeito atractivo e ao tempo aumentar a presenza de recursos educativos na nosa lingua na rede.

A actividade consiste en realizar un conto ilustrado de xeito colectivo, ao longo de varias sesións, e en cada unha delas participa un grupo diferente de nenos e nenas que se encargarán de idear, escribir e ilustrar unha parte dese futuro conto.

A sesión de cada grupo desenvolverase no seu correspondente centro escolar e estrutúrase en tres partes: presentación e explicación da estrutura básica do conto (presentación, nó e final); selección da ilustración do grupo precedente; elaboración da propia proposta de continuidade e das ilustracións individuais para presentarlle ao próximo grupo, e a gravación do vídeo conto.

O Conto Viaxeiro inclúe un blog no que, ao remate da actividade en todos os centros, se difundirán os dous produtos finais, o vídeo conto e o conto en formato dixital.

Os centros interesados en participar deberá cubrir a ficha de inscrición que se achega e remitila ao correo electrónico gnl@ferrol.es. Poden inscribir dous grupos cun máximo de 30 alumnos cada un e en función da demanda participarán un ou os dous. De haber moita demanda , atenderase por orde de inscrición.

O prazo de recepción deste escrito comenza hoxe e remata o 3 de marzo. De necesitar máis información, poderán solicitala a través do citado correo ou chamar ao teléfono 981 94 40 14 en horario de 08:30 a 14 horas. A actividade desenvolveuse o pasado ano no Concello de Ferrol e pódese ver o resultado na seguinte ligazón: https://contoviaxeiroferrol.wordpress.com/

Lea también

Herido leve un paciente del Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol tras caer parte del falso techo de su habitación

Un paciente del Hospital «Arquitecto Marcide» del Complejo Hospitalario Universitario CHUF de Ferrol ha resultado …