O Concello de Narón inicia as reunións dos Consellos Territoriais da localidade

naron-concello-20-1

O local da Asociación de Veciños Virxe de Fátima, de Freixeiro, acolleu este luns 15 a primeira das reunións dos Consellos Territoriais programadas pola concellería de Participación Cidadá de Narón, á fronte da que está a edil socialista Catalina García.

A xuntanza tivo lugar a partir das 17 horas e á mesma acudieron convocadas todas  entidades do citado barrio, inscritas ou no, e tamén os representantes dos grupos políticos municipais nomeados para os citados Consellos Territoriais. A concelleira Catalina García subliñou «a importancia de que as asociacións acudan a estas convocatorias nas que teremos a oportunidade de analizar o traballo que cada unha delas desenvolve na súa zona, así como, a partir do mesmo, estudar posibles actuacións a levar a cabo desde o Concello en función das necesidades de cada parroquia e de cada barrio da localidade, co fin de avanzar nas propostas de zona».

As reunións dos Consellos Territoriais, que terán unha duración aproximada dunhas dúas horas, continuarán desenvolvéndose nas vindeiras semanas. A edil de Participación Cidadá avanzou que «as seguintes xuntanzas xa convocadas terán lugar no local social de San Mateo o 22 de febreiro, ás 18 horas; na AVV do Alto, o 24 deste mes ás 17:30 horas; na AVV Ceibe San Xiao, o 2 de marzo ás 17 horas; no local social de Castro, o 3 de marzo –a hora está pendente de concretar-, e na AVV do Couto, o 14 de marzo ás 17:30 horas. Nos vindeiros días procederase a convocar as reunións pendentes ata completar os catorce Consellos Territoriais de zona, tal e como explicou a edil naronesa.

Unha vez realizadas estas xuntanzas, persoal técnico do Concello encargarase de estudar a viabilidade das propostas plantexadas polas diferentes entidades. Estas reunións terán continuidade con outras a celebrar, previsiblemente, despois do verán, e nas que xa se avanzará sobre as posibilidades de materializar as intervencións plantexadas e onde se concretarán as prioridades co fin de elaborar un informe específico de cada un dos barrios.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …