O Goberno ferrolán levará a pleno a ordenanza de Transparencia

Fot. Galicia Ártabra
Fot. Galicia Ártabra

O Concello de Ferrol levará a pleno o día 25 de febreiro deste mes a Ordenanza de Transparencia, despois de que na Comisión celebrada esta mañá contara co voto favorable dos grupos de goberno e de Ciudadanos e a reserva do BNG e o PP.

Así o explicou o concelleiro de Participación Cidadá e Normalización Lingüística do municipio, Álvaro Montes, quen destacou ao termo da Comisión que se trata dunha «ordenanza participada e consensuada. Os grupos políticos da corporación puideron facer as súas aportacións ao borrador», sinalou.

Álvaro Montes explicou que dado que hoxe se publica no DOG a Lei 1/2016 da Orde de Transparencia e bo goberno da Xunta de Galicia, na Comisión modificouse cunha enmenda in voce o apartado correspondente ás reclamacións que poidan facer os cidadans ás entidades locais. «Segundo determina a Xunta de Galicia no caso galego corresponderán agora ao Valedor do Pobo», recordou o edil.

Sumado a isto avanzou que «nunhas semanas estará dispoñible o portal de transparencia co que se irán cumprindo con todos os compromisos de ética e transparencia que fixou o goberno como parte dun dos seus compromisos ineludibles ante os cidadáns».

Formulario de transparencia

Doutra banda, Álvaro Montes informou que o Formulario de transparencia contará con novas instrucións para a súa cumplimentación. «Se terá que incluir o valor catastral dos inmobles e o ano de matriculación dos vehículos, co obxectivo de dar axilidade e homoxeneidade á información compartida polos concelleiros da Corporación municipal», sinalou o edil de Participación.

Montes fizo constar que a información que os concelleiros aporten neste formulario será actualizada todos os anos, dando resposta así ao compromiso de transparencia ante os cidadáns que asumiu o presente o goberno local.

Actividades infantís

Finalmente, na Comisión tamén se dou conta da próxima programación de actividades que está previsto desenvolver dende a área de Participación, Novas Tecnoloxías e Normalización Lingüística en colaboración coa Concellería de Cultura.

«Serán actividades para nenos de entre 3 e 12 anos que terán lugar os sábados pola mañá nos barrios da cidade e das que se dará conta polo miúdo nos vindeiros días», explicou Montes.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

2 comentarios

  1. Una nueva oportunidad para Ana Masafret de mostrar sus aptitudes dialécticas en un pleno. Habrá que ir, ese día creo que no dan nada en la tele, y oir hablar a esta señora puede ser muy entretenido.

  2. Con cuatro meses de retraso