O programa Cemit Rural 2016, con cursos gratuítos de informática nos locais sociais, dispón dalgunhas prazas vacantes en San Xiao e Pedroso. As persoas interesadas en anotarse no Curso de Habilidades dixitais básicas que se desenvolverá a partir dos vindeiros días nestas parroquias poden anotarse nos locais sociais.
Así o anunciou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que recordou que esta convocatoria se dirixe a persoas adultas e se organiza con grupos reducidos para así poder ofrecer unha formación máis personalizada. A edil recordou que tamén poden anotarse veciños e veciñas que residan na zona urbana e con posibilidade de desprazarse ata os locais de San Xiao e Pedroso nos que se impartirán as clases.
O curso comezará en San Xiao o vindeiro xoves, día 11, e rematará o 10 de maio. As clases serán os martes e xoves de 18 a 21 horas. No caso de Pedroso as sesións, que se desenvolverán no local social da Pombiña, serán os martes, xoves e venres en horario de 17:30 a 20 horas.
En principio formaranse grupos dun máximo de dez persoas, aínda que poderán ser máis no caso de que os interesados dispoñan dun ordenador portátil que poidan levar ás clases. O programa Cemit Rural 2016 desenvólvese tamén nos locais sociais de San Mateo, Doso, Castro e O Val.
¿Plazas vacantes? Anda ya, ese curso ya lo hicieron mil veces, normal que la gente no vuelva a apuntarse. Lo que habría que mirar es a quién se le adjudica, que igual por eso ponen plazas de más.