O Concello de Ferrol impulsará a creación do Museo do Ferrocarril

ferrocarril ferrol 6-2

O Concello impulsará a creación do Museo do Ferrocarril en Ferrol, segundo se anunciou durante a inauguración, no Centro Cultural Carvalho Calero, da exposición As xentes do tren, que se poderá visitar do 5 de febreiro ao 4 de marzo. O goberno local estudará a mellor ubicación posible para este museo en colaboración da Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril.

Na exposición se amosa o lado humano do ferrocarril e do tranvía a través de paneis fotográficos, diversos obxectos e outras pezas. Ademáis amósase precisamente os distintos oficios propios do tren e o seu lado máis humano.

Organizada pola Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril, a mostra foi inaugurada polo alcalde do Concello, Jorge Suárez, e a teniente de Alcalde, Beatriz Sestayo, nun acto ao que tamén acudiron os concelleiros de Turismo, Bruno Díaz; de Cultura, Suso Basterrechea; de Urbanismo, María Fernández Lemos, e de Patrimonio Histórico, Rosa Méndez.

Lea también

Cites crea a segunda ruta turístico comercial para «almorzar en Ferrol»

Dentro do conxunto de rutas temáticas que está a crear Cites grazas á axuda de …