O Concello de Narón acolleu a primeira xuntanza formativa de Transparencia

pleno concello naron 5-2

O salón de plenos de Narón acolleu na mañá deste venres a primeira xuntanza formativa do persoal do Concello en materia de Transparencia. O Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, reuniuse coas xefaturas dos diferentes departamentos e servizos municipais para explicar o contido da ordenanza e os procedementos a seguir, así como para determinar qué persoas serán publicadoras e editoras das diferentes informacións a subministrar baixo a dependencia de responsables técnicos e funcionais no ámbito. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a Ordenanza de Transparencia, Acceso á Información Pública, Reutilización da Información e Bo Goberno, que permanecerá un mes a exposición pública. A corporación local aprobou por unanimidade este documento, co fin de cumprimentar a totalidade das previsións da lei nesta materia.

Os responsables funcionariais municipais prevén que no prazo dun trimestre o Concello de Narón remate os pasos necesarios para atender prácticamente o íntegro acomodo a esa normativa. Os primeiros avances ao respecto tiveron lugar hai varios anos. Aínda que a entrada en vigor para as entidades locais tivo lugar en decembro de 2015 o Concello de Narón, como algúns outros, ao longo dos dous últimos anos foi quen de dar cumprimento parcial a esa normativa coa inclusión na súa sede electrónica de boa parte da información cuxa publicación resulta agora esixible e obrigatoria. Así mesmo, cabe recordar que pola Xunta de Goberno se acordou a adhesión do Concello a un convenio coa administración estatal cuxa finalidade é que a información relativa á transparencia apareza reflectida e publicada nunha páxina web do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

«Este instrumento estrutúrase sobre a base dunha información institucional, económica e normativa e demandará unha cantidade inxente de traballo das diferentes unidades e funcionarios do Concello», fixo constar o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen agradeceu de antemán esa labor que realizará o persoal  e recordou que este traballo responde tamén ao propósito de anticiparse á entrada en vigor, a finais de ano, da nova Lei de Procedemento Administrativo, que prevé o establecemento xeralizado da administración electrónica.

Nas vindeiras semanas representantes dos diferentes departamentos municipais asistirán a sesións formativas específicas para definir con detalle as funcións que corresponderán ao persoal municipal según o departamento no que desenvolvan o seu traballo.

Desde a publicación da Lei 19/2013 de Transparencia Acceso á Información Pública, Reutilización da Información e Bo Goberno as distintas administración avanzaron na adecuación das súas estructuras á crecente demanda da cidadanía, que esixe dos seus representantes políticos exemplaridade na súa conduta e tamén máis participación cidadá.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. A puerta cerrada, como no.