Este venres conmenzan os actos do Día de Narón coa Gala do Deporte

naron-pazo da culturaOs actos programados polo Concello con motivo do Día de Narón, festividade local que se conmemora o vindeiro luns, día 23, comenzarán a desenvolverse este venres na cidade.

A vixésimo sétima edición da Gala do Deporte abrirá a programación a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura. Na cita, como é tradicional, premiarase aos mellores deportistas e clubes locais.

As actividades continuarán a fin de semana. A praza de Galicia acollerá, baixo unha carpa, unha trintena de postos de venta de produtos ecolóxicos e artesáns. A feira abrirá en horario de mañá e tarde os dous días, de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 19.00 horas. Na xornada dominical desenvolverase ademais a primeira das edicións das andainas “Ponte en ruta con nós”, programadas desde a área municipal de Deportes. Os camiñantes sairán ás dez da mañá das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara e percorrerán a pé a ruta “Camiñando polos carrís bici” o tramo comprendido entre A Gándara e Xuvia, nun tempo aproximado de dúas horas.

O Día de Narón, o luns 23, as actividades previstas comezarán ás 11.00 horas baixo a carpa instalada na praza de Galicia. No citado espazo exporanse traballos realizados ao longo do ano nas actividades desenvolvidas nas asociacións de veciños e tamén haberá unha degustación gastronómica –de balde- a base de lacón e liscos, e un magosto popular. Así mesmo, instalaranse varios inchables para os nenos e nenas, que tamén terán a oportunidade de participar nos obradoiros que se celebrarán durante a tarde na praza de Galicia. A xornada estará amenizada por un grupo musical.

 

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …