Emafesa

veloso-articuloRamón Veloso Rodríguez-(ramonveloso@ramonveloso.com)

Co cambio da cor do goberno municipal era cuestión de tempo despexar as incógnitas plantexadas no mandato anterior polas decisións populares no ciclo da auga na ría.

Axiña aconteceron feitos non previstos, a crise dos trihalometanos magnificada polo Partido Popular co amplificador da Xunta de Galicia, e feitos previsibles derivados da precipitada decisión de xestión local do sistema de depuración facendo oídos sordos do risco de facelo sen remate e recepción das obras e comprobación do funcionamento por Augas de Galicia, aderezada coas mentiras públicadas de Rey e o cobro a parte dos ferroláns por un servizo todavía inexistente en Ferrol e Narón.

Pero de atrás veñen máis decisión cuestionables.

Primeiro, é bó lembrar o nacemento de Emafesa co gallo de acometer un plan de investimentos de 10,6M€ feitos nun 80% por Urbaser, socio privado da empresa mixta de augas de Ferrol. Ésta internalizou en 2006 a financiación daquel plan por decisión de Juncal e trasladou o risco financiero da empresa do grupo ACS á empresa mixta municipal.

En 2012 o goberno de Rey decide aumentar o periodo de amortización das instalación dende os 30 anos inciais previstos ata 50. Ao meu modo de ver, unha prórroga encuberta de 20 anos que só beneficia ao socio privado. Non había interés público.

Máis tarde, en 2013, o goberno do PP asume con pouca claridade para Emafesa a xestión ata entón autonómica da presa e o encoro das Forcadas. Pedíronse explicacións e o Sr. Rey as negou.

Xa en 2014 o Grupo Municipal Popular decide en solitario asumir a xestión do sistema de saneamento e depuración sen rematar as obras, sen ter en conta ao concello de Narón nun proxecto craramente supramunicipal e aproba un plan de depuración no rural descentralizado en minidepuradoras perigosas para o noso litoral cando hai unha EDAR capaz e necesitada de caudal tal como vemos estos días.

En definitiva, a folla de ruta diseñada polo PP para a xestión integral do ciclo da auga na Ría en exclusiva polo concello de Ferrol conxuntamente con Socamex, filial de Urbaser e socio privado en Emafesa, supón decidir sen participación do resto dos grupos políticos e dos concellos da Ría dende o suministro de auga a Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares ata o saneamento en Ferrol e Narón con cerca do 70% da poboación. Esta decisión a Urbaser lle permitiría permanecer como operador privado dun proxecto importante nun mercado donde ten un peso testimonial e dominado por Aqualia, Acciona e Agbar.

A decisión de manter cara o futuro un ente privado na xestión vai en dirección contraria ás tendencias actuáis da consideración da auga  como un dereito humano e non unha mercadoría. Implica a recuperación da xestión pública total tal como están a facer moitas cidades europeas como París e Berlín ou Italia impedir por referendum a privatización. Ata en Estados Unidos a xestión do suministro está en mans públicas nun 85% e o 100% en Xapón e a maioría de cidades europeas.

Neste contexto, o actual goberno de Ferrol decide a remunicipalización de Emafesa coa que coincido pero hai que facelo ben, sen atallos que comprometan o futuro. Buscar un chivo expiatorio no Xerente de Emafesa e meterse nun lío xudicial discutindo incumplimentos e malas prácticas polo socio privado levarán a desánimos e costes para o conxunto dos ferroláns.

Actualmente, Emafesa é unha empresa cuns ingresos estables dos que carecía antes do goberno de Irisarri: pagan os concellos, paga Navantia e pagan outros que non o facían polo total que consumían. Aporta máis de 1,6M€ anuais ao concello en términos netos despois das bonificación de 200.000€ que da Ferrol aos veciños que carecen de ingresos suficientes e proporciona o 3% de sus ingresos ao socio privado. Ten uns gastos contables que non tería cunha xestión exclusivamente pública. En definitiva, unha empresa con bos fundamentos económicos e un saber facer propio.

Sería máis beneficioso centrar os esforzos en rematar as obras actuáis, corrixir o funcionamento da EDAR e instalación complementarias, procurar a licitación do saneamento da conca do río da Sardiña, en definir o saneamento do rural e na creación inmediata dun consorcio público supramunicipal para a xestión do saneamento e depuración que transcenda a Emafesa en Ferrol ou Cosma en Narón, unha boa base para a futura xestión pública mancomunada do ciclo de auga na Ría.

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …