Comenzaron las fiestas de verano con una exaltación al ferrolanismo

Sonia Castelo pregonera de estas fiestas.
Sonia Castelo pregonera de estas fiestas.

Y… comenzaron las fiestas de verano. En una jornada en la que el tiempo colaboró  se celebraron los actos “oficiales” de estos festejos organizados por la nueva corporación municipal.

Durante la tarde acudieron al Pazo Municipal el cantante ferrolano Andrés Suárez y la pregonera y también ferrolana la actriz Sonia Castelo.

Fueron recibidos por el alcalde, Jorge Suárez y miembros de la Corporación, con los que departieron   durante el tiempo previo a los actos nocturnos a la vez que firmaron en el «libro de oro» de la ciudad.

Andrés Suárez, con su mano zurda, escribió la siguiente frase «Honor, orgullo, el de sentarme aquí. Gracias Ferrol, por el origen más hermoso. No olvidaré nunca este día».

Por su parte la actriz Sonía Castelo , la pregonera de las fiestas 2015, al igual que ya lo fue en el 2001 dejó escrito «Para min un pracer compartir cos meus paisáns ferroláns o pregón deste ano. Por un Ferrol do que esteamos orgullos e que mereza a súa xente.  Sempre ferrolana».

PREGÓN EN LA PLAZA DE ESPAÑA.

Muy puntuales, a las diez y media de la noche comenzó el acto del inicio oficial de las fiestas. Sobre el escenario el alcalde, Jorge Suárez; la edil de festas, Beatriz Sestayo; acompañados de seis ediles del grupo de gobierno y la concejal por Ciudadanos.

Y la plaza «abarrotá», unas cuatro mil personas ocuparon toda la zona central mientras los establecimientos hosteleros de los alrededores estaban «a tope».

Comenzó dirigiéndose a los asistentes, Beatriz Sestayo quien saludó y deseó a todos que pasasen unas fiestas felices con un programa en el que se trataba de atender a todos los ciudadanos y con actos de todo tipo, destacando algunos de ellos y refiriéndose, como no, a la presencia de la mujer y a la defensa de la igualdad.

DEIXAR OS LAMENTOS ATRÁS

A continuación el alcalde, Jorge Suárez, tras saludar y dar la bienvenida a los vecinos, comarcanos y a todos aquellos que están de visita estos días en Ferrol señaló que hablaba como alcalde pero siempre comu un vecino más «con toda a hospitalidade que emana dunha cidade fraternal e aberta decidida a despertar dun letargo demasiado longo e, como sabemos, como saben os nosos pais, avós e mesmo os fillos emigrados, ten sido ben duro se falamos de desemprego, despoboación e desleixo por parte dos que debían mirar por nós; e no que fomos perdendo o peso específico que nos corresponde como o que Ferrol foi e debe volver a ser: o primeiro polo industrial do norte de Galicia, unha gran cidade, industrial, naval, poboada e orgullosa.

Xa é  hora de deixar os lamentos atrás, de sacudirse un certo pesimismo semella que, por vexes, contaxioso para facernos a nos mesmos como unha cidade viva e amable que somos e debemos ser.

Alegre. Viva nas rúas, nos negocios, nas ideas, nos proxectos, no emprendemento, na solidariedade, e firme, moi firme, como ten sido sempre na loita polos dereitos dos traballares e na confianza de que o camiño pasar por darnos a man, entre veciños, entre asociacións, entre colectivos, para facernos fortes e mirar na mesma dirección. Para non atoarnos nos cruces das vías que nos despistan do noso obxectivo que é resolver os problemas, avanzar cara unha cidade mais habitable, verde, tolerante e humana e que en definitiva, nos fai mellores para vivir mellor».

NUEVOS AIRES  DESDE HACE DOS MESES

«Hai dous meses que por estas rúas e prazas comenzaron a correr novos aires. Os que emanan da xente, a alegría de ser como somos e de non mirar para atrás, polo retrovisor da historia, facendo acopio dos desagravios pasados e co ánimo firme de camiñar cara adiante e conducir a nosa cidade a un futuro mais luminoso, con barcos, con postos de traballo de calidade, con servizo sociais, na que se escoita, se traballa e se solucionan os problemas da veciñanza, que son a razón de ser dun Concello.

E primeiro exemplo de alegría, de entusiasmo ímolo poñer hoxe aquí, nesta noite de festa, que abre a porta a outros dez días de días e noites de música, maxia, deportes e actividades para todos e de todos, que agardamos que vos aleden un pouco as horas destes derradeiros días de agosto, con actividades para os mais cativos e os mais veteráns, para facelas xuntos, nas rúas, entre amigos, en familia».

Tras referirse a los distintos actos preparados para las fiestas, comenzando por el pregón y la actuación de Andrés Suárez, finalizó con «Fagamos cidade e vivamos as rúas… sede felices… esta noite e todas».

«FERROL EXISTE, É E SERÁ»

Por último y para cerrar este primer acto festivo tomó la palabra Sonia Castelo que ofreció un pregón muy ferrolano. Se definió como una ferrolana más y comenzó indicando que «Me sinto moi, moi afortunada. É un regalo de vida para min poñerlle voz ó sentimento que esta cidade esperta en todos nós.

Hoxe quero que todos sexamos un só e berremos con forza polo futuro de Ferrol, a cidade con maiúsculas, esa que nos vén á memoria chea de luz, de cor, de vida, e chea de traballo.

Comunicamos e participamos estes días, un sentimento de pertenza e orgullo de sermos ferroláns. Unha disposición necesaria e de dereito. Como necesario e de dereito é que esta vila recupere o seu tecido industrial e comercial, a capacidade de xestionar os seus propios recursos para manterse viva e que os seus cidadáns poidan seguir vivindo nela.

É verdade, algúns marchamos para fóra por mor do traballo que desenvolvemos, pero non hai dereito ningún a que esa non pase por ser unha decisión propia e non un imperativo.

Non podemos permitir que haxa unha constante sensación de perda nunha cidade que tanto aportou á economía noutros tempos.

Non quero ir para atrás na memoria, porque o que toca hoxe é berrar ben alto: FERROL EXISTE, É E SERÁ! Hai razóns obxectivables abondas como para que isto ocorra e que Ferrol non se sosteña en apuntalamentos de fachadas a piques de derrubarse, metáfora dunha osamenta sen corazón e sen nervios. Porque diso, corazón e nervio, temos para dar e para regalar. Temos talento, temos recursos, temos capacidade de traballo e forza para rexurdir… Está máis que demostrado: somos poderosos!!!»

Tras referirse a la importancia de Ferrol en los diferentes campos y a generaciones de ferrolanos que lucharon y trabajaron para que así fuera, dedicó el pregón a los jóvenes  «Eles son o futuro  de Ferrol».

VOLVER A OCUPAR O LUGAR QUE LLE CORRESPONDE

«Os que estamos aquí temos memoria do que foi a nosa cidade. Que esa memoria faga eco e acompañe a labor dos que veñen. Xuntos para que Ferrol volva ocupar o lugar que lle corresponde. Ese é un obxectivo común no que todos temos algo que aportar. A mellor capitalización de Ferrol somos todos e cada un dos ferroláns. Nachos e nachas dunha cidade con jerga propia. Un vocabulario único e distintivo que non en todos, pero sí en moitos casos, vén dado polo contacto con xentes doutras culturas que aquí traballaban. Isto só fala da adaptación ó medio e ás circunstancias, da xenerosidade e do carácter ferrolán. Só unha comunidade sen complexos, acepta e se acomoda ós usos e costumes diferenciáis e pode facer seus termos doutros, adaptando como propias expresións vidas de fóra. Unha máxima, por outra banda, imparable nesta globalización na que vivimos, e da que os ferroláns somos boa mostra e precursores. Xenerosidade, falta de prexuízo, intelixencia… Abondo como para adaptar préstamos e facelos nosos».

«Unha cidade con este capital humano, ten que saír adiante por forza».

«Outro valor engadido para o triunfo persoal e colectivo é o sentido do humor. E a nosoutros non nos falta. Temos retranca abonda como para canalizar o negativo con enerxía transformadora.

Somos seres resilentes os ferroláns. Asístenos a capacidade de asumir con flexibilidade situacións límite, e máis aló de superalas, fortalecernos con elas.

De modo que como todos sabemos desa forza e potencial para saírmos adiante, convoco agora o noso sentido lúdicoe festeiro. Porque non vos teño que convencer do canfurneiros que somos os ferroláns… Gústanos a celebración do social, a expresión colectiva do propio.

Gozámola nas celebracións musicáis, culturáis e lúdicas da nosa cidade. E, por tradición, facémolo en grupo, en conxunto, sumando. Pois sigamos sumando arreo, porque xa o dixo a nosa veciña Concepción Arenal: «sumar sempre é multiplicar».

Que as festas que agora comezan sexan unha manifestación de orgullo, que poidamos celebrar a cidade tódolos días do ano, resultado de volver colocar Ferrol onde lle corresponde. Ferroláns, contade comigo para tirar de Ferrol para arriba. Ímolo conseguir. Ferrol, a todo filispín!!!!!!

Que comecen as festas de Ferrol 2015!!!!! Pasádeo ben».

A estas palabras siguió el tradicional chupinazo y una corta sesión de fuegos artificiales que dieron paso a la actuación de Andrés Suárez.

MAGNÍFICO CONCIERTO DE ANDRÉS SUÁREZ

Un magnífico concierto en el que el cantante ferrolano ofreció una serie de piezas de su último trabajo «Mi pequeña historia», en las que incluyó «Si llueve en Sevilla», «Dublín» o «Te doy media noche», temas a los que les ha dado un nuevo sonido y que fueron la delicia nosolo de la mucha gente joven que acudió a su concierto sino también de los «más mayores» que lo pasaron en grande con la actuación de nuestro paisano.

Andrés interrumpió su actuación para saludar a los ferrolanos, dijo que estaba muy nerviso después de ocho años prácticamente ausente  y que para él era una honra y un orgullo el ser de Ferrol.

Lea también

La caída de un árbol sobre la vía, entre Pontedeume y Neda, impidió la circulación de trenes

La caída de un árbol sobre la vía ha obligado a interrumpir temporalmente el servicio …

7 comentarios

  1. INTOLERABLE el desprecio del Partido Popular a Ferrol, no asistiendo al acto de inicio de las Fiestas de Ferrol

  2. Eu sempre vou as festas de Ferrol porque son as da miña cidade e tento participar nas cousas dela. En tódolos programas hay cousas que gustan mais ou menos. Moi mal o PP por non asistir o acto inaugural das festas da cidade e facer o mesmo que facian os outros partidos cando eles gobernaban, non asistir a actos e desprecialas.
    Atópome con xente que dí que este ano non vai as festas porque as programa FEC-PSOE e con outra que este ano si que ven porque non as fai o PP.
    Así nos vai en Ferrol que non sabemos diferenciar as cousas

  3. VERGONZOSO LO DE ANOCHE. No fue un pregón, fue un mitin. Y Sestayo y Jorge peleándose por ver quien tenía más protagonismo. No me extraña que el PP no fuera. Y la plaza, con menos de un tercio de las personas que había el año pasado. Es lo que tiene hacer las fiestas para los colegas.

  4. Tampoco el BNG, asistió

  5. Dios existe y es tan bueno que hace llover para que estos iluminados no hagan el ridículo con las fiestas sectarias que se inventaron , en vez de las que eligieron los ciudadanos

  6. coleguilo esperando que alguien explique porque esta señora has repetido el pregón dos veces cuando hay tanta gente importante que todavía no lo ha hecho y me refiero a personas como Siro, Manuel Patinha cómo Bieito Rubido, Germán Castro, Fernando Bores, Julia Uceda, Jesús Vázquez Guillermo Escrigas o Bernardo Maíz entre otros. La voz de la calle es que el único mérito para este doblete ha sido el ser íntima amiga de la teniente de alcalde Y raro es que este colectivo progresista de la corporación municipal consienta este enchufismo colegu

    • En el último curso Gurmendez tuvimos que escuchar como, según la señora Fidalgo, el ex-ministro franquista Fraga Iribarne ( el de la calle es mía, Montejurra, Vitoria y 23F) fué el ideólogo de la transición y Adolfo Suaréz fue el que la llevó a cabo, pero el ideólogo, según la Señora Fidalgo, fue Fraga Iribarne: ABSOLUTAMENTE PATÉTICO