Alberte Pereira ofrece «unha mirada subxetiva do cotian» no «Torrente Ballester»

emilio bellas-fotografo-1Este venres inaugurouse no Centro cultural «Torrente Ballester» a mostra «Unha  mirada  subxetiva  do  cotián» do fotógrafo Alberte A.Pereira (A Garda -1964), un fotógrafo independente e autodidacta que ofrece unhas trinta e cinco fotografías relacionadas coa vida diaria.

Aproveitando a súa estanza na nosa cidade Alberte Pereira, nacido na Guarda aínda que con residencia habitual dende hai 18 anos en o Roxal, sinala para Galicia Ártabra:

-A.P.- «A fotografía non é a miña profesión. Gústame utilizar unha palabra portuguesa, por aquello que vivo ao lado do país veciño, para definir a miña vinculación coa fotografía: son “amador” da fotografía. Sería o equivalente a decir afeccionado, pero é unha palabra que define moito mellor esa relación, afeccionado casi é despectivo. Traballar, traballo na administración de xustiza».

emilio bellas-fotografo-2-GAD.-¿Como entrou en contacto coa fotografía?

-A.P.-«Pois foi polos anos 80 máis ou menos, coa compra dunha cámara analóxica Fujifilm, cun obxectivo 50mm. Daquela só me adicaba a fotografar nas miñas viaxes, ou o patrimonio da zona e non revelaba eu, co cal era moi caro. Despois, andei fedellando con algunha compacta. Pero realmente, cando me involucro máis no mundo da fotografía foi hai uns dous anos, coa adquisición dunha reflex dixital».

-GAD.-Trae a súa exposición «Unha mirada subxectiva do cotián», a Ferrol Que imos ver nestas imaxes?

-A.P.- «Basicamente imaxes da vida cotidiana das persoas no seu andar pola vida. Obviamente, vistas desde a miña perspectiva, desde o meu xeito de mirar, que como o propio título da exposición di, é subxectiva. Pertencen a xentes de vilas e cidades da Galiza, Portugal, República Checa, Alemaña, Madrid e Hungría e foron tomadas durante os dous últimos anos Seica se chama fotografía de rúa, tamén coñecida como “street photography”, e todas son en branco e negro».

emilio bellas-fotografo-3-GAD.-Como te decidiches polo branco e negro?

-A.P.-«A verdade é que sempre me gustou o branco e negro, xa antes de eu facer fotos. Gustábame velas fotos en monocromo. Para min o branco e negro sintetiza moito mellor a idea dunha imaxe. Permite que a xente que a observe non se distraia e se centre no esencial». 

-GAD.-Esta exposición, foi financiada por unha iniciativa de crownfounding,¿ como foi a experiencia?

-A.P.-«A experiencia foi moi boa, de feito, conseguín o obxectivo plantexado inicialmente, que permite que esta exposición sexa unha realidade. Non a financiei o cen por cen, pero si me permitiu realizala cunha calidade que se tivera que financiala eu, non podería. Levei gratas sorpresas de persoas que apoiaron o proxecto sen coñecerme persoalmente de nada. Só coñecían os meus traballos a través das redes sociais ou do flickr».

-GAD.-¿En que outros proxectos está inmerso, nestes momentos?

-A.P.- «Bon, ademais de estar participando na 1ª exposición colectiva Galiza b/n, ándame rondando na cabeza algún proxecto persoal, pero aínda teño que maduralo moito para poder facelo público. Tamén, outro en común cun amigo, máis conceptual, pero que tamén lle falta».

-GAD.-E deixamos a Alberte Pereira, un home entregado á fotografía e que nos mostra unha mirada subxetiva do cotián

Lea también

A Deputación cofinancia a construcción da primeira residencia de saúde mental de toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

A Deputación da Coruña destina 500.000 euros para cofinanciar as obras de construción dunha residencia …