O Pazo da Cultura de Narón foi o lugar elixido polo equipo de Terra Galega para celebrar este venres, día 22, o último acto de campaña. A convocatoria comezou ás nove da noite e foi Román Romero, o candidato número oito da lista do partido no municipio o encargado de presentala, dirixíndose ademais aos asistentes para destacar o traballo realizado por Terra Galega no concello nos últimos anos. Romero destacou tamén os retos que afronta un equipo que combina a experiencia dos veteranos coa ilusión dos máis novos para traballar polo futuro de Narón, para o que pediu o apoio dos veciños e veciñas da localidade, “porque seredes os que ides decidir se queredes que Narón se manteña na senda do crecemento”.
A continuación dirixiuse aos asistentes a candidata número dous de TEGA en Narón, Marián Ferreiro, que denunciou o xeito no que outros partidos levaron a cabo a precampaña e campaña electorais, en clara referencia aos populares naroneses. “Acaba hoxe unha campaña sucia, xa o anunciaron hai meses, e isto o único que nos recorda son tempos pasados e non a liberdade de militancia e pensamento, dereitos recoñecidos ás persoas”. Ferreiro eloxiou a figura do candidato á reelección por Terra Galega no concello, José Manuel Blanco, do que dixo “é o mellor candidato á Alcaldía e lidera un gran equipo de traballo”. Ademais, a número dous de TEGA incidiu en que “a experiencia, a capacidade de xestión e a veteranía de Blanco son bazas que xogan moi ao seu favor e que avalan boa parte dos resultados das políticas que se levan a cabo neste Concello”. Non quixo rematar Marián Ferreiro a súa intervención sen recordar aos asistentes ao acto que o candidato de TEGA “é o segundo alcalde mellor valorado de Galicia”.
A continuación falou o secretario xeral de Terra Galega e tamén candidato na localidade, Guillermo Sánchez Fojo, que arremeteu contra as prácticas que na política impulsa o Partido Popular, tanto en Narón como en Galicia e España. “Non lles importan en absoluto os veciños e veciñas. Viven por e para ter un cargo político e para estar ás ordes dos seus superiores, non para traballar polo benestar da cidadanía porque así o demostran ano tras ano”, asegurou Sánchez Fojo. O secretario xeral de TEGA foi especialmente crítico coas acusacións que os populares realizaron na campaña sobre o equipo de TEGA, instando ao candidato, Miguel de Santiago, a acudir á Fiscalía se ten algo que denunciar, “pero como o fixemos nós, dando a cara e para defender os intereses dos veciños e veciñas de Narón, non utilizando a un particular como escudo, non dando a cara e esperando máis dun mes en denunciar uns feitos que xa o goberno local puxera en coñecemento do fiscal”.
Por último, Sánchez Fojo, que animou aos veciños a acudir a votar o domingo, valorou tamén a figura do candidato, José Manuel Blanco, da man de quen comezou a súa carreira política.
O cabeza de lista de TEGA, José Manuel Blanco, destacou a tranquilidade coa que se desenvolveu o último mandato na localidade, uns anos marcados pola crise económica, recordou, pero que non impediron que Narón, “se posicionase, tal e como recoñece un estudo, como o noveno Concello de España que mellor soportou os envites da crise económica, sendo só superado por oito concellos vascos”. Blanco incidiu tamén en que á vista da situación actual se priorizaron as políticas sociais, algo que se seguirá mantendo nos vindeiros anos e mentres a situación económica non mellore para as familias.
Tivo o candidato de TEGA palabras de agradecemento para “todos os compañeiros e compañeiras que durante moitos anos traballaron arreo para que Narón chegara a ser o que é na actualidade, a oitava cidade de Galicia, con máis de 40.000 habitantes”, asegurando que “todos eles forman xa parte da historia de Narón”
Blanco subliñou que Narón é hoxe “un concello de referencia en Galicia e en España” e destacou os servizos que se ofrecen á cidadanía e tamén as infraestruturas existentes. “Estamos no camiño correcto para seguir traballando para alcanzar ese prometedor futuro que lle espera a esta cidade”, asegurou o candidato de TEGA, que recalcou que o partido continuará priorizando a atención ás persoas sobre as grandes obras “mentres sexa necesario”.
Para rematar a súa intervención, Blanco pediu aos asistentes que vaian a votar este domingo, para así baixar o nivel de abstención que caracteriza ao municipio en épocas electorais; asegurou que serán as urnas e non as enquisas as que determinarán o futuro do Concello e finalmente solicitou o voto para Terra Galega. “O traballo feito nos últimos anos por este equipo situou a Narón donde está hoxe, e iso foi posible porque nos destes maioritariamente a vosa confianza co voso voto. Narón nin debe nin pode dar un paso atrás e que continúe avanzando e na senda do crecemento depende de todos e cada un de vós”, asegurou Blanco. O candidato de TEGA incidiu antes de despedirse, en alusión ao lema de campaña do partido, en que “se queredes que Narón vaia a máis, o domingo votade Terra Galega”.
Y ahora después vemos esto y como nos miente en la cara.
http://www.abc.es/local-galicia/20150522/abci-naron-grabaciones-campana-201505221951.html
Eso por lo menos estaba denunciado de antemano en la Fiscalía, no como esto…
16 añitos, ahí es nada..
https://galiciaartabra.es/archivos/72413
Y porque se lo notificaron que como estos no saben nada, más que decir que se suben los impuestos a pesar de estar gobernando el país, aún seguiría sin pagar…
Menuda mafia…. https://www.facebook.com/miguel.couce/posts/10206696927491303 y lo de Teresa Sanjurjo…como en Sicilia en sus mejores tiempos…
Canto estómago agradecido habría no mítin, Narón 28 % de paro e subida superior o 10% de impostod, imos a máis si si.
Lo del PP sin embargo es todo un ejemplo… Mafia es poco y encima con sentencias firmes y personas en la cárcel debido a sentencias judiciales emitidas por profesionales en la materia, no por unos cuantos interesados… agradecidos deben estar los estómagos de todos los que comieron los kilos de churros y litros de chocolate por la plaza de A Gándara estos días.. Porque es cierto que ya lo dice el refrán.. Es de bien nacido ser agradecido..Y también hau que agradecerles a los del PP la subida de impuestos, IVA cultural, desahucios a montón en España, retroceso en materia de bienestar social, en la sanidad pública, la educación,,,,,, Y suma y sigue..