Blanco promete unha serie de melloras para A Gándara

naron-blanco-5-5O candidato á alcaldía de Terra Galega en Narón, José Manuel Blanco, participou este luns, día 18,  nun novo mitin, no local social da Gándara, no que tamén participaron o secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo e os candidatos Marián Ferreiro e Román Romero. Tras repasar o traballo realizado na parroquia nos últimos anos, Sánchez Fojo recordou as dificultades que supuxo para os políticos locais a aprobación, no ano 1985, do Plan de Urbanismo, un documento que marcou as pautas de crecemento do Concello e que está pendiente duns cambios que se acometerán en canto a Xunta aprobe definitivamente a Lei do Solo, modificada en cinco ocasións nos úlimos anos. “Este é o Narón do movemento e do traballo, o que vós puxestes nas nosas mans”, subliñou o secretario xeral de TEGA, que criticou as políticas do PP e a súa inoperatividade a nivel político nas diferentes administracións con aqueles partidos que non levan as súas siglas.

O candidato á reelección por TEGA, Jose Manuel Blanco, desmentiu a “parálise” na que os populares aseguran que se atopa o barrio da Gándara desde hai anos, insistindo en que “tan só poden dicir iso persoas que descoñecen por completo o que era esta zona do concello e o que é na actualidade, porque é a parroquia que máis se transformou de todas”. Mostra dos cambios é o incremento de zonas lúdicas e de ocio na zona, unha das que concentran a un importante número de habitantes do concello debido aos servizos que se ofrecen e á proximidade de varias instalacións pensadas para os nenos e tamén para mozos e persoas maiores.

Mellorar as comunicacións entre barrios

No futuro, avanzou Blanco, “teremos que seguir traballando no mesmo camiño, incidindo na conexión desta parroquia co Alto do Castiñeiro, polas zonas de Domirón e Colmeote, sobre a vía do tren e a autovía”. Este proxecto é un dos incluídos no programa de TEGA Narón para mellorar as comunicacións entre barrios e, polo tanto, un dos retos a materializar para o futuro desenvolvemento do municipio.

Outra das apostas para A Gándara será, explicou Blanco, “continuar traballando para que no momento en que a depuración da ría sexa unha realidade, os máis de 50.000 metros cadrados de zonas verdes que discorren paralelos á ría sexan un referente dunha gran área recreativa no concello”. O adecentamento desta superficie e a plantación de novas especies arbóreas contribuirán a completar esta proposta de TEGA para o barrio da Gándara. Blanco explicou ademais que se continuará trallando en múltiples iniciativas relacionadas co aforro enerxético, entre as que citou o feito de que se seguirá instalando alumeado led nas Vivendas do Bispo e da Mariña, coa finalidade de completar un proxecto iniciado na Finca Dopico e o polígono da Gándara e que suporá un considerable aforro no gasto da factura de electricidade para as arcas locais.

O candidato á Alcaldía por Terra Galega rematou a súa intervención pedindo aos veciños que vaian a votar o vindeiro domingo e que animen a facelo a todas as persoas que poidan votar para así reducir as elevadas taxas de abstención que se rexistraron nas últimas eleccións locais.

 

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …

4 comentarios

  1. Podo prometer e prometo… Espera a ctos votos sae a festa gitana e as vivendas socias regaladas os mesmos… En fin

  2. NO tienen proyecto ni idea alguna, están agotados y sin rumbo. No tienen ya nada coherente que prometer, ningún gran proyecto ni nada parecido. Claro, está todo enterrado en el «Mausoleo» da Cultura. Y en cualquier caso, poco pueden prometer para La Gándara tras cuatro años sin acordarse del barrio para nada. Eso sí, a una semana de las elecciones, pasan a arreglar el destrozado adoquinado de las Casas de la Marina (después de no haber pasado por aquí más que para cobrar los impuestos). Vergonzoso.

  3. Ni obra mayor ni obra menor…ni en la Gandara ni en Pedroso, ni en ninguna parroquia, estamos a la deriva con un gobierno que no sabe ni mantener lo que tiene y mucho menos crear, recuerdo aquellos tiempos en los que Naron era referencia por que era un ayuntamiento activo y se pensaba a lo grande…lo que quedo de aquel equipo es la mediocriedad y a los hechos me remito…Naron fin de ciclo…

  4. Una nulidad de Alcalde, no han hecho nada en años.