«Temos a obriga de poñer en valor o mosteiro do Couto» (Pablo Villamar)

naron-bng-16O candidato do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, asegurou este sábado, día 16, que o mosteiro do Couto “é un símbolo da nosa identidade como Concello, como comarca e como nación”, polo que se comprometeu a principiar as negociacións entre o Concello de Narón e o resto das administración non só para conseguir a cesión de uso do cenobio –hoxe propiedade da Igrexa católica- senón tamén dos cartos necesarios para a súa rehabilitación.

O candidato nacionalista anunciou este compromiso no decurso dunha xornada que a organización política desenvolveu no Couto, primeiro cunha visita ao mosteiro guiada polo historiador e arquiveiro de Narón, Andrés Pena Graña, e posteriormente nun acto público que tivo lugar no local social do Couto. “Cómpre rehabilitarmos o mosteiro, mais tamén dotalo de contido”, dixo, “e por iso consideramos imprescindíbel que a documentación que se xerou neste mosteiro regrese aquí”.

A aposta pola recuperación do mosteiro é unha das propostas que incorpora o programa electoral do BNG-Asembleas Abertas de Narón na área de cultura. Na véspera do Día das Letras Galegas, Pablo Villamar defendeu as políticas de promoción e difusión da lingua galega, así como do conxunto do patrimonio histórico e cultural do concello.

No acto que tivo lugar posteriormente no local social da Picota, Villamar, acompañado dos membros da candidatura Montse Fraga e Daniel Amarelo, así como do exalcalde de Ferrol Xaime Bello, defendeu a xestión das dúas concellerías xestionadas polo BNG neste mandato que remata e no que se priorizou “a axuda ás persoas que o están a pasar mal por mor da crise”, dixo. Blindados os servizos sociais, Villamar destacou o papel xogado polo BNG na área de Xestión Orzamentaria e Xestión Económica, que logrou reducir á metade a débeda bancaria que tiña o Concello en 2011 (daquela eran 12 millóns de euros), impulsou medidas de persecución da fraude fiscal e tomou decisións, engadiu, para controlar o gasto enerxético.

“A realidade do Concello de Narón é hoxe”, apuntou Villamar, “moi diferente da que nos atopamos cando chegamos ao goberno municipal, por moito que o Partido Popular se empeñe en mentir”. A ese respecto, explicou que o candidato do PP mente cando di que o investimento caeu nos últimos anos. “Nunca antes se investira tanto con fondos propios”, precisou Villamar, que lembrou que, a diferenza do que ocorría cando cogobernaba o Partido Popular, “hoxe non temos transferencias de capital de outras administracións, como os Fondos Feder, o Plan E, etc.” “Hoxe non falamos de cemento nin de obras faraónicas”, subliñou, “senón de persoas, de axudar as persoas”.

Villamar lembrou tamén que o único partido que subiu os impostos “foi o Partido Popular: subiu o IVE, subiu o IRPF e subiu tamén o IBI”, dixo. Nese sentido, explicou que “aínda que queiran enganar aos veciños de Narón, foi o PSOE quen fixo a revisión catastral de 2008 e o PP o que, cando chegou ao Goberno central, obrigou a subir os coeficientes do imposto, levando adiante ademais unha política inxerencista nas competencias municipais”.

O candidato do BNG-Asembleas Abertas participou tamén nun mitin no Val pola tarde e este domingo estará no local social de San Xosé Obreiro ás 13.00 horas e ás 21.00 horas no de Xuvia.

 

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …

2 comentarios

  1. ¿Utilizan al historiador del Ayuntamiento para un acto de partido? Tanto Converxencia como Bloque apuestan mucho por ese monasterio propiedad de la iglesia, ¿esa es toda la apuesta turística?. Villamar no quiere decir adiós aún a la poltrona y ahora que no hay diputación no es tan malo ser concejal del equipo de gobierno como lacayo de Blanco.

  2. Este señor debe ser de otro planeta o vive en una realidad paralela. Con los problemas que hay en el municipio, las propuestas que hace son de risa, y se vanagloria de haber reducido la deuda a la mitad, como si el dinero lo hubiera puesto él y no procediera de sangrar a los vecinos de Narón a los que subieron los impuestos estos últimos años exponencialmente. Valga como referencia el IBI, que ha subido un 30% en los últimos 4 años. No me extraña lo que publican las últimas encuestas.