Ferrol en Común celebrou na tarde este sábado, día 16, o seu mitin central no Centro Civico de Caranza, ateigado ate a bandeira, con respaldo de Alberto Garzón, diputado de Izquierda Unida, arropoupando a candidatura de Ferrol en Común.
«O primeiro dereito da xente é a saúde, o traballo e unha casa. Esos son os primeiros dereitos das personas. Os nosos dereitos. Pensan que nos traen un cruceiro unha vez ao mes a ver os asteleiros que van camiño de ser un camposanto industrial mentres hai nenos nos colexios que só fan unha comida ao día», dixo Jorge Suárez. «A emerxencia social de Ferrol non se arregla cun ascensor panoramico de un millón de euros.
A democracia non é un Consello de Administración. Viñemos para quedarnos, para gobernar. Non consentiremos que nos asalten mais».
O deputado de IU, Alberto Garzón, convocou as xentes de esquerdas «a sumar forzas para rachar coas costuras para gañar. Na esquerda non cabe a paralise, cabe a valentía», proclamou. «Non estamos a xogar as vindeiras eleccións, nos estamos a xogar a vindeiras xeracións,» dixo Garzón, que «resume o programa do PP nunha frase a que lle sobra o restos dos folios porque a base da súa filosofía é que a xente do común ten que traballar mais para cobrar menos, mentres executan o saqueo do público os corruptos e os seus amigos e compinches mentres lle dín os cidadáns é que utópico rescatar as personas pero é de recibo rescatar bancos e aeroportos que nunca se deberon construir».
Yolanda Díaz, coordinadora xeral de EU, remarcou que» a comarca de Ferrol pasa fame por moito que un ferrolán, como Miguel Tellado, repita no Parlamento que a Ferrol vaille ben como fixo Aznar mentres nos metía nunha guerra. Imos teller unha red imbatible de unidade, un berro que se está a espallar. Imos facer unha marea galega e unha marea estatal para un sabotaxe colectivo. Temos a vantaxe de que nós, somos mais».
Antón Sánchez, coordinador nacional de Anova, arremeteu «contra os que chegan a última hora con anuncios de futuros contratos aínda sen pechar para os asteleiros de Galicia e Andalucía, sen aclarar a onde van ir parar os catro barcos, se é que se firman. Co historial que teñen non se poñen nin colorados. Son indignos, dixo, e animou os políticos profesionais que levan toda a vida chupando da teta do público mentres animan o libre mercado a que experimenten no corpo o que o libre mercado do capitalismo lles fai os corpos dos traballadores con salarios ínfimos, xornadas abusivas e despidos sinxelos. Os dereitos que non se pelexan, se perden».
No acto tamén interviron Carlos del Río, inscrito de Podemos, que foi o primeiro en falar no acto para advertir que «non queremos que Ferrol sea o campión da pobreza», e Álvaro Montes, número tres, que fixo unha advertencia «ós ferroláns para que non se deixen enganar polos mismos que afondaron nos problemas e agora aparecen a última hora con anuncios tramposos e perversos que presentan como solución.
Non podemos deixar que Ferrol se peche por melancolía, como xa fixo algún comercio. Estas non son unhas eleccións mais. Non caigades na trampa de coidar que todos os políticos son iguais porque non o somos».
¿A quién venía representando el señor este? ¿A ANOVA, a Podemos, al Bloque, a Izquierda Unida? No está muy claro. Porque su estrategia es la que es. Ambigüedad para robar votos de uno y otro lado. Por cierto, el acto con muy poca gente. Solo sus seguidores incondicionales.