Na mañá deste xoves, día 14, é na praza de Galiza Ferrol en común abordou unha cuestión, a do transporte público e a mobilidade, que «nos preocupaba particularmente porque coidamos que é unha das carencias históricas da cidade. Sempre queda, triste e sistemáticamente, marxinada nas políticas locais e coidamos que é clave e estratéxica para artellar a cidade e mellorar a calidade de vida dos veciños. Temos o transporte mais caro de Galicia, o menos práctico e no que menos cartos se invisten. A nosa proposta pasa por lograr, no mesmo conxunto, menos coches, menor gasto individual e troques da eficiencia colectiva e aforrando o problema de aparcamento, reducindo emisións contaminantes no camiño cara unha urbe más peatonal e ciclista, amable e humana pola que agora non se pode, apenas, camiñar sen topar coas obras e os furanchos» sinalaron no transcurso da rolda de prensa.
«Como cabeceira de comarca e da ría, debera ser o nó do transporte entre concellos e punto de saída e chegada para coordinar Eume e Ortegal. Estamos a falar do bus urbano, do intermunicipal, do cercanías (casi inexistente) de Feve e do tren hacia A Coruña, esa odisea que semella un paseo ao século XIX para un traxecto de 50 kilómetros que resulta incomprensible, como o feito de que Ferrol quede fóra do Eixo Atlántico, pese o desleixo histórico de Fomento coa nosa cidade, última parada de todas as comunicacións imprescindible como a chegada da AP.9. Tivo que escachar a ponte de As Pías para meter a quinta marcha na construcción da autopista pola que toda a comarca agardaba facía anos e que é absolutamente clave para o pulo económico de calquera rexión. Tamén cómpre o retranqueo e soterramento de vías para empregalas como sendas verdes.
Coidamos que é preciso abordar, no seu conxunto e de forma integral, a redacción dun plan de mobilidade en consenso co movemento asociativo. Cómpre conectar barrios e municipios cunha líña de transporte urbana e intermunicipal de corte circular, implementar servicios e frecuencias, coordinar tren e bus nunha estación intermodal, e revertir a concesión urbana para suprimir o beneficio industrial da empresa concesionaria e redundar na sociedade.
Non hai, por poñer un exemplo, un bó servicio de comunicación co CHUF (Complexo Hospitalario) e Juan Cardona, por exemplo, tampouco para as zonas de praia na época estival. Tamén demandamos un bus que poida levar os traballadores os seus postos nos asteleiros e nos polígonos industriais de Río do Pozo e Vilar do Colo.»
Propostas programáticas en transporte e mobilidade:
1. Iniciar de inmediato conversas cos concellos metropolitanos de Ferrolterra para constituír xunto coa Xunta e outras administracións implicadas un Consorcio Metropolitano de Transporte Público.
Tal consorcio asumiría a xestión do servizo prestado pola empresa Tranvías de Ferrol S.A a partir do cumprimento rigoroso das previsións da planificación establecida para o transporte metropolitano de Ferrol e comarca modificando radicalmente as modificacións do convenio e de condicións do contrato -programa vixente en canto a redución das frecuencias e a supresión de liñas e paradas previstas.
2. Incremento da accesibilidade da poboación ao sistema de transporte público colectivo. ¿Cómo? mellora sustancial dos tempos de viaxe, frecuencias (atención especial a zona rural e a dispersión poboacional), liñas coordinación e ruta circular na ría: Ferrol-Narón-Neda-Fene-Ferrol.
3. Implementación dunha rede ortogonal para a trama urbana Ferrol-Narón que posibilite que ningún parte do territorio (barrios) quede sen comunicación.
4. Creación dun sistema tarifario integrado a partir dunha zonificación e tarxeta/billete únicos, e os pasos cara a constitución dunha empresa pública de transporte de tal xeito que o servizo sexa por xestión directa e se preste atendendo a criterios de carácter social e sustentable, desbotando os aspectos economicistas que lastran o servizo público con xestión privada.
5. Supresión de barreiras a mobilidade e servicio de microbus de acceso ao centro -pasando zonas de caóticos bolardos- para os colectivos con discapacidade, persoas impedida físicamente por razóns de idade ou enfermidade.