O candidato do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, considera unha prioridade para o vindeiro mandato a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e a elaboración dun plan de mobilidade “que permita gozar a toda a veciñanza dos espazos públicos”. Villamar sinalou que o desenvolvemento urbanístico do municipio “non foi sempre todo o ordenado e racional que debera” e, nese sentido, cre que a modificación do marco que o ten que regular é “fundamental”, tanto para os promotores e construtores como para a veciñanza, aos dotar de seguridade xurídica e por lles permitir desbloquear novos proxectos construtivos.
O candidato nacionalista subliña que o novo PXOM ten que prestar unha atención especial á accesibilidade e, nesa liña, comprometeuse a pór en marcha un plan específico que sitúe o peón no epicentro da vida dos espazos urbanos, cun programa de eliminación de barreiras arquitectónicas e de axudas aos establecementos privados para se adaptar ás persoas con diversidade funcional, que, como explicou Pablo Villamar, “han de ter os mesmos dereitos e as mesmas posibilidades de gozar dos espazos públicos que as que non teñen eiva ningunha”. “A prioridade”, insistiu o candidato nacionalista, “son as persoas, todas as persoas”.
Ademais, o cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas expresou a súa intención de “comezar a estudar a posibilidade de peonalizar algunhas rúas” dos núcleos urbanos. “Narón non ten un casco antigo como outras cidades nas que xa se levaron adiante experiencias deste tipo –eis o caso de Pontevedra, gobernada polo BNG- que afectan a amplas zonas da súa trama urbana”, mais iso, engadiu, “non significa que non haxa zonas nas que sexa posíbel facelo”. “Está demostrado que as rúas peonalizadas son beneficiosas para as veciñas e os veciños que residen nelas como para o propio comercio local”.
Pero este señor…. este tipo está en gobierno y no urgió nada… urge ahora en campaña… ya.
Claro claro claro…
Ahora se acuerda y no en los 4 años que lleva como bernardo o ¿quizás es que en el pacto le decían que no podía discrepar?
A Villamar lo único que le preocupa es seguir en el cargo